Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Casa de oficios "Caminando"

Especialidades: - Atención a colectivos marxinais: mediación intercultural. / 12 alumnos
Provincia: Vizcaya
Concello: Sestao
Entidade promotora: Fundación Secretariado General Gitano
Data inicial: 22/12/2005
Data final: 21/12/2006
Contido de obra ou servizo: Intervención en espazos interétnicos realizando labores de mediación intercultural no eido educativo, muller, emprego, etc.
Dificultades: Ao inicio do proxecto xurdiron dificultades derivadas da falta de hábito no alumnado traballador cara ao cumprimento das normas internas de funcionamento da casa de oficios. Precisouse adestrar habilidades e hábitos laborais o que eliminou esta debilidade.
Observacións: Para a execución das unidades de servizo o alumnado traballador é distribuído por diversas asociacións nas que unha persoa, que asume as funcións de titora de formación, realiza o seguimento do seu traballo. O equipo directivo e docente da casa de oficios está permanentemente en contacto cos diferentes titores e titoras de formación, telefónica ou presencialmente.
Previamente ao establecemento do convenio de prácticas coas asociacións, estas esbozaron un perfil acorde ás necesidades da entidade. Deste xeito, designouse cada alumna ou alumno traballador a aquela asociación máis axeitada as súas características persoais e formativas.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org