Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego "COSIFROL"

Especialidades: - Soldadura de estruturas lixeiras / 10 alumnos
- Frio e climatización / 10 alumnos
- Cociña / 10 alumnos
- Carpintaría / 10 alumnos
Provincia: Murcia
Concello: Murcia
Entidade promotora: Concello de Murcia
Data inicial: 21/12/2006
Data final: 20/12/2007
Contido de obra ou servizo: Trátase dun proxecto que mestura actuacións de servizo e de obra acorde coas especialidades que se desenvolven. O servizo xira en torno á elaboración de menús para un Patronato que traballa con persoas indixentes e que conta cun servizo de comedor para persoas transeuntes e indixentes.
Polo que respecta á obra, esta varía en función tamén da especialiade e a súa actuación non se concretou na fase de deseño senón que foise planificando ao longo do proxecto en función das unidade que requería o certificado de profesionalidade de cada ocupación e das demandas que ían xurdindo dende a entidade promotora . Así, no caso de "soldadura de estruturas lixeiras" realizáronse todo tipo de estruturas metálicas tipo vallas, reixas, piares de obras, etc; en "Frío e climatización" mantemento de cámaras frigoríficas e revisión e mantemento de aparatos de climatización dos centros públicos do concello; a actuación en "carpintaría" centrouse na realización de mobiliario urbano e para diferentes edificios públicos.
Dificultades: As maiores dificultades xurdirón do proceso de selección do alumnado traballador. A directora sinala a necesidade de que o equipo directivo do proxecto participe na selección xa que se tería máis en conta as posibilidades, a motivación e o interese das persoas cara a traballar unha vez finalizado o proceso de cualificación. O proxecto obxecto de descriciòn é o segundo destas características, no anterior o índice de inserción en cada unha das especialidades foi menor do que realmente sería posible derivado do rexeitamento de ofertas por parte do alumnado traballador.
Observacións: O proxecto desenvolvese en horario de 15 a 22 horas polo que os menús para o Patronato só se realizan para o horario das ceas. Estas son trasladadas a dita entidade por persoal da mesma, xa que o obradoiro no podía responsabilizarse dese labor. O alimentos son transportados en envases térmicos adquiridos dende o proxecto.
Os talleres de cada unha das especialidades tamén son utilizados, en quenda de mañá, para a formación de desempegados a través da modalidade de FIP, o que rentabiliza a inversión económica realizada.
O alumnado traballador da especialidade de "Frio e climatización" preséntanse ás probas para a obtención do carné oficial de Instalador/a frigorista.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org