Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego "Nuevas Tecnologías de la Información III"

Especialidades: - Enquisadora / 16 alumnos
- Secretaria / 16 alumnos
Provincia: Madrid
Concello: Coslada
Entidade promotora: Concello de Coslada
Data inicial: 04/12/2006
Data final: 03/12/2007
Contido de obra ou servizo: O obxecto deste proxecto é a implantación de novas tecnoloxías informáticas para as xestións administrativas. En concreto, a actuación varía segundo a especialidade. As alumnas traballadoras de "Enquisadora" realizan o anuario estatístico do concello, elaboran informes socioeconómicos a partir de documentos estatísticos e levan a cabo estudios de calidade para a administración local. Pola súa banda, as mulleres que se capacitan na especialidade de "Secretaria", dixitalizan actas do concello, crean bases de datos de fondos documentais así como tarefas propias de secretariado nos diferentes departamentos do concello.
Dificultades: As maiores dificultades atópanse na inserción laboral das mulleres. A maioría das persoas participantes teñen cargas familiares polo que non aceptan empregos en determinado horarios e en zonas de Madrid que lles esixan grandes desprazamentos. A isto se engade a súa idade, en xeral son maiores de 40 anos, e que levaban moito tempo fóra do mercado laboral, o que dificulta a súa contratación por parte do empresariado que opta por persoas máis novas e con maior experiencia e formación.
Observacións: Durante os primeiros tres meses do proxecto, as alumnas traballadoras reciben formación na ocupación e en informática. A partir do terceiro mes comezan a realizar as prácticas laborais, mantendo horas dedicadas á formación, tanto complementaria como específica da ocupaciòn.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org