Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Casa de oficios " Adecuación de Espacios para la Municipalidad"

Especialidades: - Soldadura / 16 alumnos
Provincia: Madrid
Concello: Mejorada del Campo
Entidade promotora: Concello Mejorada del Campo
Data inicial: 01/12/2006
Data final: 30/11/2007
Contido de obra ou servizo: As unidades de obra centráronse na realización de diferentes estructuras metálicas para dependencias e espazos públicos competencia do concello, tales como: vallado de parques pùblicos e xardíns, enreixados, reixas, peches de colexios públicos, bastidores para asentos na praza de toros, etc.
Dificultades: As dúas dificultades principais deste proxecto céntranse, a primeira, nas características das persoas paticipantes, mozos e mozas que abandonaron os estudios, con escasos hábitos sociolaborais e con problématicas conductuales. Isto implica que non só se ten que formalos nunha ocupación senón que é fundamental un labor psicopedagóxico de cara a mellora das súas habilidades persoais e sociolaborais, e polo tanto a súa integración social é tan ou máis importante que a laboral, sen a primeira resulta imposible que logran a segunda.
A segunda problemática atopase no empresariado. Este é reacio á contratación destas persoas debido aos estereotipos existentes cara aos mozos e mozas que participan neste programa, a priori se lles percibe como pouco responsbles e con escasa cualificación e capacidade para traballar. Polo tanto, é preciso un enorme esforzo de sensibilización e de demostrarlles que non é así.
Observacións: Convenios con empresas: no apartado de fortalezas xa se fai mención a estes convenios. A directora do proxecto comentou que esta iniciativa, que conta co apoio do INEM, xurdiu a raíz de identificar, por unha banda, a actitude reacia do empresariado para contratar ao alumnado traballador, (cuxas condicións son de duración de 6 meses de contrato que non debe ser de formación nin cunha categoría profesional de aprendiz); e, por outra banda, que se deran casos no anterior proxecto que alumnado traballador que abandonara a casa de oficios para traballar, logo non se adaptara as condicións de traballo na empresa polo que finalmente se quedaban en desemprego non podendo regresar ao proxecto. Para paliar esta situación, se estableceron estes convenios nos que se lle informa ao alumnado traballador da oferta e da posibilidade de durante unha semana ser cedidos/as á empresa co horario laboral da mesma, pero mantendo a relación contractual coa casa de oficios, para coñecer as características do posto, das tarefas, etc. Nesa semana tanto o alumnado traballador como o empresariado determinan o seu interese, normalmente aos dous días xa toman a decisión, de non querer continuar regresan ao proxecto.

O deseño dun proxecto destas características viu determinado pola identificación no polígono industrial de empresas que estaban a demandar persoas con formación en soldadura de estructuras lixeiras.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org