Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de Emprego "Sendero de Auga"

Especialidades: - Axente de desenvolvemento turístico / 20 alumnos
Provincia: Madrid
Concello: San Martín de Valdeiglesias
Entidade promotora: Consorcio Sierra Oeste
Data inicial: 11/12/2009
Data final: 10/12/2010
Contido de obra ou servizo: Dinamización turística dos 19 concellos que conforman o Consorcio. En concreto, desenvolvéronse actuacións centradas na realización dun inventariado dos recursos do territorio, redacción dos contidos dos Puntos de información multimedia, deseño e redacción de folletos turísticos e guías, dotación de contidos á sección de turismo das webs dos concellos, realización de rutas guiadas, participación en feiras de turismo, etc. Asemade, ao remate do proxecto cada alumno e alumna traballadora debe presentar un proxecto, unhas persoas deseñaron plans estratéxicos de dinamización do concello no que desenvolveran as prácticas e outras plans de empresas de turismo.
Dificultades: Unha das dificultades sinaladas pola directora foi a heteroxeneidade do alumnado traballador tanto a nivel de formación de partida (persoas con bacharelato e licenciadas) como respecto á idade, xa que contan con mulleres de 60 anos. Como debilidade indicouse que a inserción laboral aínda que case que dun 50% nun proxecto anterior, segue sen ser a ideal, ademais de estar supeditada a épocas do ano (temporadas vacacionais) nas que hai demanda deste perfil, así como a convocatorias da Comunidade de Madrid nas que se subvenciona a contratación de persoal destas características competenciais.
Observacións: A primeiras das dificultades sinaladas con anterioridade foi solventada coa conformación de dous grupos en función de características comúns. Isto supuxo un maior traballo para o equipo docente pero facilitou o desenvolvemento das sesións teóricas.
Respecto ao seguimento do labor do alumnado traballador, dende o proxecto se asigna un titor ou titora en cada concello que soe ser o/a AEDL, persoa que está en constante comunicación co equipo directivo e docente. Ademais, 2 días a semana o alumando traballador desprázase á sede do proxecto de cara a realizar as sesións teóricas, prácticas de aula e informar do desenvolvemento das unidades de servizo. Por último, o equipo directivo e docente se desprazan polo diferentes concellos para seguir in situ a actuación do alumando traballador.
A formación do alumando traballador inclúe a realización de viaxes formativas, entre as que se destacan as realizadas a outras iniciativas turísticas do territorio español de semellantes características a que está a desenvolver o consorcio, a visita de iniciativas emprendedoras turísticas, a asistencia a conferencia de turismo, etc.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org