Especialidades: | - Axente de desenvolvemento turÃstico / 20 alumnos |
Provincia: | Madrid |
Concello: | San MartÃn de Valdeiglesias |
Entidade promotora: | Consorcio Sierra Oeste |
Data inicial: | 11/12/2009 |
Data final: | 10/12/2010 |
Contido de obra ou servizo: | Dinamización turÃstica dos 19 concellos que conforman o Consorcio. En concreto, desenvolvéronse actuacións centradas na realización dun inventariado dos recursos do territorio, redacción dos contidos dos Puntos de información multimedia, deseño e redacción de folletos turÃsticos e guÃas, dotación de contidos á sección de turismo das webs dos concellos, realización de rutas guiadas, participación en feiras de turismo, etc. Asemade, ao remate do proxecto cada alumno e alumna traballadora debe presentar un proxecto, unhas persoas deseñaron plans estratéxicos de dinamización do concello no que desenvolveran as prácticas e outras plans de empresas de turismo. |
Dificultades: | Unha das dificultades sinaladas pola directora foi a heteroxeneidade do alumnado traballador tanto a nivel de formación de partida (persoas con bacharelato e licenciadas) como respecto á idade, xa que contan con mulleres de 60 anos. Como debilidade indicouse que a inserción laboral aÃnda que case que dun 50% nun proxecto anterior, segue sen ser a ideal, ademais de estar supeditada a épocas do ano (temporadas vacacionais) nas que hai demanda deste perfil, asà como a convocatorias da Comunidade de Madrid nas que se subvenciona a contratación de persoal destas caracterÃsticas competenciais. |
Observacións: | A primeiras das dificultades sinaladas con anterioridade foi solventada coa conformación de dous grupos en función de caracterÃsticas comúns. Isto supuxo un maior traballo para o equipo docente pero facilitou o desenvolvemento das sesións teóricas. Respecto ao seguimento do labor do alumnado traballador, dende o proxecto se asigna un titor ou titora en cada concello que soe ser o/a AEDL, persoa que está en constante comunicación co equipo directivo e docente. Ademais, 2 dÃas a semana o alumando traballador desprázase á sede do proxecto de cara a realizar as sesións teóricas, prácticas de aula e informar do desenvolvemento das unidades de servizo. Por último, o equipo directivo e docente se desprazan polo diferentes concellos para seguir in situ a actuación do alumando traballador. A formación do alumando traballador inclúe a realización de viaxes formativas, entre as que se destacan as realizadas a outras iniciativas turÃsticas do territorio español de semellantes caracterÃsticas a que está a desenvolver o consorcio, a visita de iniciativas emprendedoras turÃsticas, a asistencia a conferencia de turismo, etc. |