Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicaciones de la UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Noviembre 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proyectos ET-TE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escuelas taller, talleres de empleo o casas de oficios puestas en marcha en otras zonas geográficas y que pueden resultar de interés para actuales y futuras entidades promotoras de nuestra provincia que tengan inquietudes por romper con la dinámica de desarrollar proyectos con especialidades vinculadas a la construcción.

Escoge una o varias opciones:

Volver al listado

Escola Obradoiro Turismo Rural "Aldea Madeira"

Especialidades: - Animación turística e sociocultural / 10 alumnos
- Cociña / 15 alumnos
- Camareiro de restaurante-bar / 15 alumnos
Provincia: A Coruña
Ayuntamiento: Camariñas
Entidad promotora: Concello de Camariñas
Fecha inicial: 20/09/2007
Fecha final: 19/03/2009
Contenido de obra o servicio: As actuacións desenvolvidas no proxecto xiran ao redor de diversas actividades de divulgación gastronómica e de animación turística e sociocultural, entre as que destacan: cociña e entrega de almorzos saúdables, merendas saúdables e comedor sobre rodas; elaboración de comida colectiva en beneficios da asociación de loita contra o cancro; apoio a programa "vacacións en paz" e organización de encontros cos nosos maiores, un mercado artesanal e un mercado-degustación de agricultura ecolóxica; recuperación de recetas en vías de extinción; organización de xornadas técnicas .
Dificultades: No marco do desenvolvemento do proxecto, unha das dificultades que se están atopando e poder levar a termo todas as unidades de servizo contempladas no proxecto.
Asemade, as esixencias formativas compementarias no marco do proxecto restan tempo para a formación específica na ocupación ou a realización de máis actividades nas que adquiran experiencia. Especialmente, na obrigatoriedade da formación para a obtención da ESO, xa que non é viable lograr o obxectivo de que no marco dunha escola o alumnado obteñan unha titulación regrada que non conqueriu dentro do sistema educativo, cando por unha banda, o número de horas que se dedica a esta materia non resulta suficiente para obter os resultados esperados, pero pola outra, resta tempo que se podería utiilzar para outras accións.
Ademais, unha ameaza de cara á inserción laboral do alumnado traballador é a disonancia entre a cultura empresarial da zona e o nivel de cualificación co que se vai egresar o alumnado traballador que podería desempeñar as súas funcións nun hotel de 3/4 estrelas. A realidade da hostalaría do municipio e outros aledaños é que non ten unha oferta gastronómica variada, ademais de que actualmente demanda persoal que precisa dunha escasa cualificación, o que pode resultar desmotivante para o alumnado traballador.
Observaciones: Esta escola obradoiro enmárcase nunha iniciativa que xurdiu anos anteriores no municipio. A idea era por en marcha albergues para explotación como turismo rural. Con este fin, en terreos municipais e a través de dous proxectos de obradoiro de emprego de especialidades tradicionais, construíronse edificacións de turismos rural. Actualmente estase a capacitar a persoal de hostalaría e animación.
Ao longo do proxecto estánse desenvolvendo visitas formativas a hoteis e granxas escolas nas que o propio alumnado traballador, previa sinatura de convenio de colaboración, utiliza as instalacións para realizar prácticas de hostalaría e actividades culturais (segundo a especialidade). Asemade tamén se teñen feito intercambios con outros proxectos de formación e emprego de semellantes características. O obxectivo final é que o alumnado traballador, aprenda a exercer a súa profesión en diferentes contornos laborais.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org