Especialidades: |
- Animación turÃstica e sociocultural / 10 alumnos - Cociña / 15 alumnos - Camareiro de restaurante-bar / 15 alumnos |
Provincia: | A Coruña |
Concello: | Camariñas |
Entidade promotora: | Concello de Camariñas |
Data inicial: | 20/09/2007 |
Data final: | 19/03/2009 |
Contido de obra ou servizo: | As actuacións desenvolvidas no proxecto xiran ao redor de diversas actividades de divulgación gastronómica e de animación turÃstica e sociocultural, entre as que destacan: cociña e entrega de almorzos saúdables, merendas saúdables e comedor sobre rodas; elaboración de comida colectiva en beneficios da asociación de loita contra o cancro; apoio a programa "vacacións en paz" e organización de encontros cos nosos maiores, un mercado artesanal e un mercado-degustación de agricultura ecolóxica; recuperación de recetas en vÃas de extinción; organización de xornadas técnicas . |
Dificultades: | No marco do desenvolvemento do proxecto, unha das dificultades que se están atopando e poder levar a termo todas as unidades de servizo contempladas no proxecto. Asemade, as esixencias formativas compementarias no marco do proxecto restan tempo para a formación especÃfica na ocupación ou a realización de máis actividades nas que adquiran experiencia. Especialmente, na obrigatoriedade da formación para a obtención da ESO, xa que non é viable lograr o obxectivo de que no marco dunha escola o alumnado obteñan unha titulación regrada que non conqueriu dentro do sistema educativo, cando por unha banda, o número de horas que se dedica a esta materia non resulta suficiente para obter os resultados esperados, pero pola outra, resta tempo que se poderÃa utiilzar para outras accións. Ademais, unha ameaza de cara á inserción laboral do alumnado traballador é a disonancia entre a cultura empresarial da zona e o nivel de cualificación co que se vai egresar o alumnado traballador que poderÃa desempeñar as súas funcións nun hotel de 3/4 estrelas. A realidade da hostalarÃa do municipio e outros aledaños é que non ten unha oferta gastronómica variada, ademais de que actualmente demanda persoal que precisa dunha escasa cualificación, o que pode resultar desmotivante para o alumnado traballador. |
Observacións: | Esta escola obradoiro enmárcase nunha iniciativa que xurdiu anos anteriores no municipio. A idea era por en marcha albergues para explotación como turismo rural. Con este fin, en terreos municipais e a través de dous proxectos de obradoiro de emprego de especialidades tradicionais, construÃronse edificacións de turismos rural. Actualmente estase a capacitar a persoal de hostalarÃa e animación. Ao longo do proxecto estánse desenvolvendo visitas formativas a hoteis e granxas escolas nas que o propio alumnado traballador, previa sinatura de convenio de colaboración, utiliza as instalacións para realizar prácticas de hostalarÃa e actividades culturais (segundo a especialidade). Asemade tamén se teñen feito intercambios con outros proxectos de formación e emprego de semellantes caracterÃsticas. O obxectivo final é que o alumnado traballador, aprenda a exercer a súa profesión en diferentes contornos laborais. |