Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego "Agora"

Especialidades: - Auxiliar de axuda a domicilio especialista en Alzheimer / 15 alumnos
- Auxiliar de enfermería especialista en saúde mental e toxicomanías / 12 alumnos
- Monitor/a sociocultural / 13 alumnos
Provincia: A Coruña
Concello: A Coruña
Entidade promotora: Concello de A Coruña
Data inicial: 14/12/2007
Data final: 13/12/2008
Contido de obra ou servizo: As actuacións a desenvolver no marco deste proxecto varian segundo a especialidade. Na especialidade de "Auxiliar de axuda a domicilio especialista en Alzheimer", realízanse actuacións de atención primaria a enfermos de Alzheimer ou demencias similares nos ámbitos físico, psíquico e social e en tarefas de alimentación, hixiene, sanitarias e administrativas. Na especialidade de "Auxiliar de enfermería especialista en saúde mental e toxicomanías" desenvólvese labores de coidados auxilares de enfermería segundo as necesidades bio-psico-sociais da ou do paciente con transtornos psíquicos ou toxicómano, así como o control dos recursos materiais e a organización da unidade-servizo. Finalmente, a de "monitor/a sociocultural" deseña, executa e avalía actividades socioculturais para menores, maiores e/ou persoas dependentes, ademais de aplicar recursos técnicos e promover actividades.
Dificultades: Un aspecto a mellorar no Obradoiro de Emprego e que ampliaría as posibilidades de inserción do alumnado-traballador da especialidade de Monitor/a Sociocultural, sería o esixir un nivel académico mínimo de BUP/COU dado que as ofertas de emprego público para esta especialidade así o requiren.
Observacións:
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org