Especialidades: |
- Deseño gráfico e multilmedia / 15 alumnos - Redes, programación e software de teleformación / 15 alumnos - Creación de contidos en industrias lácteas e prevención de riscos / 10 alumnos |
Provincia: | Lugo |
Concello: | Lugo |
Entidade promotora: | Universidade de Santiago de Compostela - Aula de Produtos Lácteos |
Data inicial: | 29/06/2007 |
Data final: | 28/06/2008 |
Contido de obra ou servizo: | O obxecto deste proxecto foi a posta en marcha do proxecto "Máis leite, máis saúde" intentando fomentar o consumo de leite e dos seus derivados entre os nenos e nenas e no resto da sociedade, para o cal se levaron a cabo tarefas de elaboración e distribución de diverso material técnico, impreso e electrónico, creación dun portal web no que se difunda os beneficios do leite, creación e difusión dun cd interactivo referido aos lácteos e á saude, creación de videos, organización de xornadas formativas, etc. Tamén se puxo en marcha un proxecto de prevención de riscos de cara a proporcionarlles aos e ás traballadoras do sector agroalimentario de Galicia os coñecementos máis elementais para dispensar unha axuda eficaz a aquelas persoas que sufriron accidentes a través de material multimeida e dun portal web especÃfico. Outras das actividades desenvolvidas foron catro cursos de teleformación de salubridade medioambiental nas industrias lácteas e salubridade das producións artesanais. |
Dificultades: | A realización do obradoiro dentro da estrutura universitaria dá ao alumnado traballador unha visión equivoca do programa. Moitas persoas entran con visión de "funcionariado" e tenemos algúns problemas de responsabilidade, respeco aos horarios ou ás indicacións e directrices das e dos monitores. Non existe absentimo como tal (salvo nalgunhas persoas con problemas concretos: drogas ou alchool que non son moi numerosos neste obradoiro) é máis ben un tema de falta de responsbilidade, quizais pora dimensión temporal do obradoiro. Os e as monitoras son en moitos casos sustancialmente máis novas que o alumnado traballador e isto crea suspicacias. |
Observacións: | No proceso de selección do alumnado traballador se inclúe unha proba informática relacionada co traballo a desempeñar, pero moi básica. Na especialidade de redes e programación se lles pedÃan fundamentos de programación ao igual que na especialidade de deseño. No caso da especialidade de creación de contidos, se lles solicita nocións básicas de alimentos. |