Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Escola Obradoiro "Casa de los Grifos II"

Especialidades: - Deseño gráfico e animación / 8 alumnos
- Traballo auxiliares de arqueoloxía / 8 alumnos
Provincia: Madrid
Concello: Alcalá de Henares
Entidade promotora: Concello de Alcalá de Henares
Data inicial: 01/12/2007
Data final: 30/05/2008
Contido de obra ou servizo: A finalidade deste proxecto é a excavación e recuperación patrimonial da área sureste da Casa dos Grifos, xacemento romano e o desenvolvemento de sistemas de información dixital para o Patrimonio Histórico y Arqueológico de Alcalá de Henares relacionadas co xacemento. As actuacións propias da especialidade de "Traballos auxiliares de arqueoloxía" foron a recuperación de restos, a excavación, o debuxado de materiais en campo, a restauración de material cerámico, oseo, metálico e de pinturas murais e mosaicos e o labado, siglado e catalogado dos materiais. Por parte de "Deseño gráfico e animación" levouse a cabo a elaboración de planos de edificios romanos de la Casa de los Grifos e dos materiais atopados na escavación, a dixitalización de material gráfico e de planos e o esbozo de materiais divulgativos sobre a escavación.
Dificultades: As maiores dificultades deste proxecto derívanse da falta de interese do alumnado traballador cara a insertarse no mercado laboral, especialmente por conta propia e o contexto socioeconómico actual caracterizado pola crise no sector da construción que afecta ao traballo dos e das auxiliares de arqueoloxía.
Observacións: A aprobación do proxecto e o permiso de escavación precisa da presentación xunto á memoria de obra ou servizo dun proxecto arqueolóxico asinado e montado por un equipo de arqueoloxía.
No desenvolvemento do proxecto, ambas especialidades reciben formación complementaria en fotografía dixital.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org