Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego "Archivos Municipales Los Cármenes 2008"

Especialidades: - Arquivos / 16 alumnos
Provincia: Madrid
Concello: Madrid
Entidade promotora: Agencia de Empleo
Data inicial: 15/04/2008
Data final: 14/04/2009
Contido de obra ou servizo: A actuación céntrase na organización, descrición, instalación e informatización da documentación que xeneran os distintos departamentos e servizos da Agencia para el Empleo do concello de Madrid.
As tarefas que se realizarán no desenvolvemento das unidades de obra serán basicamente os siguentes:
* Estudo da documentación instalada no Archivo General.
* Transferencias de documentación dos Servzos da Agencia para el Empleo.
* Mostraxe de documentación.
* Clasificación, descrición, informatización e instalación da documentación depositada no Archivo General de la Agencia para o Emprego.
* Actualización dos instrumentos de descrición archivística existentes no Archivo General de la Agencia para el Empleo.
* Realización de novos instrumentos de descrición arquivística.
* Apoio na atención ás peticións de documentación dos Servizos da institución e busca de expedientes.
* Vixilancia da conservación física da documentación instalada no Archivo General.
Dificultades: Máis alá das dificultades propias dun proxecto de formación e emprego, neste caso existen dificultades na inserción do alumnado traballador, segundo datos do AEDL asignado ao obradoiro, as empresas recorren a unha selección de personal programada por elas mesmas para cubrir postos. De igual forma as empresas soen ofertar maioritariamente potos como aux. administrativos/as (aínda que logo entre as súas funcións destacan as tareras propias de documentación).
Observacións: Este proxecto xurdiu tras unha prospección do mercado laboral por parte de AEDLs da Agencia para el Empleo, na que chegaron á conclusión de que nas grandes empresas se estaba producido a externalización de servizos, un deles o de Arquivo. De aquí a idoneidade de levar a cabo un Obradoiro de Emprego de Arquivos co obxectivo de formar a persoas desempregadas que mellorasen as súas expectativas laborais ao tempo que puideran cubrir estes postos futuribles.
Durante o obradoiro se fixo fincapé no adestramento de habilidades sociolaborais, para o cal se conformaron catro equipos de traballo aos que se asigna para cada grupo un coordinador ou coordinadora de equipo (todos/as alumnado traballador) que vai rotando por periodos de tempo. Oobxectivo desta metodoloxía de traballo é fomentar as competencias de equipo e as de xefe/a de equipo en aquelas persoas que pola súa situación laboral non tiveran desempeñado algún dos dous roles.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org