Asesoramentos
O proceso de deseño dun proxecto de escola ou obradoiro comeza cunha análise previa, por parte da Sección de Escolas Obradoiro da Consellería de Traballo e da UPD, dos recursos humanos e materiais necesarios, así como as posibilidades reais de inserción laboral e a obra ou servizo que se podería levar a cabo.
Posteriormente, e en colaboración coa entidade promotora, se procede ó deseño e elaboración dos distintos apartados que conforman o proxecto:
- Análise socioeconómica do territorio, estudiando dun xeito interrelacionado e sistemático, todas as variables que inflúen nel, incidindo especialmente na situación do mercado laboral dado que, sen lugar a dúbidas, é o factor que vai marcar en gran medida o tipo de estratexias e accións a executar.
- Plan formativo no que se introducen contidos que complementan o programa específico por especialidades, de xeito que os desempregados obteñen unhas competencias teórico-prácticas na profesión elixida.
- Proxecto de obra ou servizo no que se indica o tipo de actuación a realizar, os materiais necesarios e o orzamento que supón a súa posta en marcha.
- Elaboración dos orzamentos precisos para o desenvolvemento global do proxecto.