Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Innovación
Galego Español
Innovación
Imprimir Enviar a un amigo/a
No caso das Escolas e Obradoiros a innovación a podemos entender desde distintos puntos de vista:
  • A entidade promotora no que se actúa. Polo xeral as entidades que promoven un maior volume de escolas ou Obradoiros son os concellos, aínda que sería interesante que as Deputacións, Mancomunidades, asociacións, fundacións, sindicatos, etc., se animasen tamén a solicitar proxectos deste tipo.
  • Polo que respecta ao ámbito territorial a innovación podería vir dada por actuar en espazos de maior dimensión á do concello. Deste xeito se podería levar a cabo a realización dunha obra única de gran volume.

  • Os colectivos.Tradicionalmente estes proxectos se dirixen a uns colectivos determinados: menores de 25 anos con dificultades para a inserción laboral e que fracasaron na formación regrada e maiores de 25 anos. Tendo preferencias as persoas que pertencen a algún dos seguintes grupos:
- Beneficiarios/as dos Programas de Cooperación
- Mulleres, en xeral, e vítimas de violencia de xéreno
- Desempregados/as de longa duración
- Persoas con discapacidade
- Persoas en risco de exclusión social (inmigrantes, emigrantes retornados, ...)
- Persoas maiores de 45 anos.
  • Selección do alumnado. Á hora de implantar o programa de EO/OE as entidades promotoras deberían ter en conta a forma de selección do alumnado, pois unha gran parte do éxito depende deles. Así sería conveniente que á hora da selección se considerara tanto as variables clásicas que marcan as Ordes da Xunta (parados de longa duración, maiores ou menores de 25 anos, con dificultades na incorporación ó mercado laboral), como outras que ata agora non se teñen en conta: as actitudes e aptitudes do alumnado de cara ó programa como ás especialidades. Non só se trata de aprender un oficio senón de analizar as posibilidades de inserción que o alumnado terá no mercado laboral.

  • Plans formativos. Neste apartado a innovación podería partir da adecuación das especialidades propostas ás ocupacións máis ofertadas no mercado de traballo.

  • As especialidades. Como xa se dixo, no momento de solicitar por parte das entidades promotoras as especialidades formativas que van formar parte do proxecto de EO/OE, case sempre se teñen en conta as familias tradicionais clásicas. Sen embargo, hoxe en día estamos asistindo a un proceso de desenvolvemento que favorece o crecemento de outras actividades tanto no entorno urbano como no rural. Son os chamados xacementos de emprego.
- Servizos de utilidade colectiva.
- Servizos da vida diaria.
- Servizos do medio ambiente.
- Servizos culturais e de ocio.

Ademais dos novos xacementos de emprego tamén sería destacable o desenvolvemento de todas as actividades relacionadas coa informática e dos medios de comunicación, e que actualmente teñen un elevado grao de inserción e que deben adaptarse ó resto das actividades do ámbito local.
  •  Carácter da obra ou servizo. Na orde que regula o programa de Escolas Obradoiro dise que a obra ou servizo a realizar debe ser de utilidade pública ou social. Se ben a maioría das entidades promotoras optan por proxectos de carácter tanxible como é a rehabilitación, construción, etc., de espazos públicos, son moi poucas as que se deciden por promover proxectos centrados no sector servizos de carácter social. Por outra banda, observase que as entidades promotoras tenden a facer pequenas obras en distintos lugares en función das especialidades co que se distorsiona a visión global do proxecto.  
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org