A Escola de Emprego é unha ferramenta que a UPD da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo pon ao servizo do persoal beneficiario dos proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego, de cara a facilitarlles a súa inserción no mercado laboral. A Escola de Emprego pon en contacto ao alumnado-traballador destes proxectos, con empresas dos sectores nos que se están formando para así facer de intermediario no mercado laboral.
Este proceso realízase en dúas fases:
1ª Fase: O persoal directivo dos proxectos de OE/EO e outro persoal técnico (UPD e AEDLs), contacta coas empresas do territorio interesadas en participar nesta Iniciativa.
2ª Fase: O alumnado-traballador rexístrase no Portal, mantendo actualizado o seu currículo.
Por outra banda, a Escola de Emprego tamén facilitará información teórico-práctica do itinerario a seguir polo alumnado-traballador na busca de emprego tanto por conta allea como por conta propia.