Autoemprego como saída laboral (subir)
Ao marxe da busca de emprego por conta allea os/as alumnos/as traballadores/as dos proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego teñen outra alternativa que é crear o seu propio posto de traballo. A través desta fórmula, unha ou varias persoas poderán constituír a súa propia empresa e crear o seu propio posto de traballo. Dentro desta modalidade de busca de emprego é preciso ter en conta diversos factores que analizaremos de contado.
A persoa emprendedora (subir)
É aquela que se ve capacitada para poñer en marcha unha idea de negocio. Esta persoa debería reunir unha serie de caracteres ao marxe de ter os coñecementos da profesión precisos para desenvolver a súa actividade, pero estes non son requisitos indispensables xa que algún deles adquiriranse co tempo.
A Idea (subir)
As ideas de negocio nacen a partir duns caracteres previos que o/a promotor/a debe reunir ou ben percibir como son a formación no sector, a experiencia laboral previa, os cambios do contorno ou diversas informacións persoais que se posúan. A partir destes caracteres e ben copiando outras ideas, ideando novas formas de prestar un servizo ou ben aplicando habilidades persoais intentaremos facer as cousas mellor que os demais, satisfacer unha necesidade que non se está prestando, ocupar un oco no mercado ou idear unha nova forma de facer.