Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Proxectos-E-MAIV
Imprimir Enviar a un amigo/a

E-MAIV

O proxecto E-MAIV, que pretende a modernización administrativa dos concellos da Área Intermunicipal de Vigo, foi presentado no marco do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MITYC), a través da convocatoria de concesión de axudas para concellos Dixitais.

Este proxecto actuou nunha primeira fase sobre 5 concellos (Salceda de Caselas, Salvaterra, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Gondomar) buscando a converxencia no nivel de implantación de e-servizos con aqueles concellos que xa viñan traballando na modernización da administración no marco do proxecto E-MOVESE, financiado polo programa PRODER II, (Nigrán, Baiona, O Porriño, Mos, Redondela e Soutomaior).

Unha vez acadado o mesmo nivel de implantación o proxecto desenvolveu e implantou mais procesos, procedementos e melloras en todos os Concellos da MAIV, incluído o concello de Vigo. 

Con data 23/06/2008 a Xunta de Goberno da MAIV acordou a implantación da plataforma CIVIDAS como plataforma de administración electrónica común para o desenvolvemento do proxecto no marco da MAIV. Dita plataforma foi finalmente contratada polos Concellos participantes agás o Concello de O Porriño que optou pola solución ofertada pola empresa E-GIM.

O proxecto constou de diferentes fases de execución, que tiveron como punto de partida a executar polos concellos que non tiñan participado no proxecto E-MOVESE (os implicados na primeira fase) os seguintes elementos:

  • Instalación de hardware necesario para o Proxecto E-MAIV.
  • Implantación da Plataforma CIVIDAS para a Prestación de e-Servizos á Cidadanía e Implementación dun Conxunto de e-Servizos sobre a Mesma.
A MAIV achegou aos Concellos a documentación coas características mínimas requiridas por ambas contratacións. A implementación desta fase de execución foi desenvolvida en todos os Concellos participantes no proxecto agás no Concello de Gondomar que renunciou a execución do proxecto E-MAIV.

Pola súa banda a MAIV contratou o desenvolvemento sobre dito hardware e plataforma dos seguintes elementos:

  • Servizo de Ampliación da Funcionalidade GIS para as Plataformas CIVIDAS e E-GIM.

O servizo foi adxudicado a empresa IMATIA Innovation S.L que implementou o mesmo sobre a plataforma CIVIDAS.
Pola súa banda a MAIV contratou o desenvolvemento sobre dito hardware e plataforma dos seguintes elementos

O servizo a contratar consistiu na ampliación da funcionalidade das plataformas existentes incorporando unha capa de información catastral, xa que é a través das parcelas como se pode enlazar información procedente doutros sistemas (BBDD do IBI) de forma que lles proporcione aos concellos e a cidadanía servizos en liña baseados en sistemas de información xeográfica (GIS).

Esta ampliación da funcionalidade GIS se realizou a través dunha arquitectura aberta que permite incorporar facilmente novas fontes de información, representación de capas, en particular información catastral e ferramentas de navegación avanzada.

  • Servizo para a creación dun Módulo de Padrón de habitantes integrado.

O servizo foi adxudicado a empresa WURTH Sofware y Servicios que implementou a mesma en todos os Concellos pertencentes á MAIV agás nos casos de Vigo e O Porriño, que optaron por non instalar a aplicación. A instalación foi acompañada das debidas sesións formativas impartidas na Aula de Informática do Concello de Vigo.  Asemade e no marco da garantía do contrato WURTH comprometeuse a realizar a integración coa aplicación Avanza Local Padrón unha vez que esta sexa posta a disposición por parte do Ministerio de Industria.

  • Desenvolvemento  de un conxunto de E-Servizos para a Plataforma CIVIDAS.

O servizo foi adxudicado a empresa COREMAIN S.L.U que realizou o desenvolvemento e implantación de 242 procedementos nos concellos participantes no proxecto. A empresa adxudicataria entregou con data 10/12/2009 un CD co contido relativo aos 2422 procedementos: Fluxos relativos aos mesmos, plantillas asociadas e Software. Asemade recibíronse na MAIV as actas de instalación nos diferentes Concellos debidamente asinadas.

Os procedementos e fluxos dos mesmos foron definidos en sucesivas xornadas celebradas na sede da MAIV as que foron convidados os técnicos das diferentes áreas tratadas e responsables nos Concellos do proxecto E-MAIV

  • Desenvolvemento de Pasarelas para as Plataformas CIVIDAS e E-GIM.

O servizo foi adxudicado a empresa IMATIA Innovation S.L que implementou o mesmo.
Algunhas das pasarelas desenvolvidas ao abeiro deste contrato requiren para a súa posta en marcha a tramitación administrativa dos correspondentes accesos por parte dos Concellos: pasarela de pago de RED.es, pasarela de pago de Caixanova, Servizo de sustitución de certificados en soporte papel (que inclúe os sistemas de comprobación de débedas da SS e AEAT), plataforma de selado de tempo TS@ así como a información Vectorial da dirección xeral do catastro. A empresa asumiu mediante documento selado o 17/12/2010 e por período de 12 meses as tarefas de configuración e posta en marcha das pasarelas de xeito gratuíto unha vez os accesos sexan xestionados por parte dos Concellos.

O listado final de pasarelas desenvolvidas é o seguinte:

  • Pasarelas de contabilidade:
Pasarela con SICAL de T-Systems
Pasarela con la aplicación de contabilidade de Würth S.L.
Pasarela con la aplicación de contabilidade de ABSIS
  • Pasarelas de pago (4 casos)
Por entidade financeira:
-  Red.es
-  Caixanova
Por tipo de operación de pago:
- Cobros por ventanilla e autoservicio
- Recadación de tributos e outros servizos municipais
  •  Enlace con sistema Galipadrón de Würth (2 casos)
Comprobación do estado de empadroamento
Recuperación dos datos dun cidadán empadroado
  • Servizos de comprobación automática de certificados baseados en SCSP de SARA (2 casos)
Comprobación de débedas da AEAT
Comprobación de débedas SS.
  • Servizos de tradución automatizada (2 casos)
Apertium (gratuíto)
Opentrad (de pago) 
  • Servizo de selado de tempo TS@
  • Consulta de datos vectoriais desde a Dirección Xeral do Catastro 
  • Creación dun Sistema de Soporte Centralizado + BDUAC (Base de Datos Unificada de Atención á Cidadanía).

O servizo foi adxudicado a empresa IMATIA Innovation S.L que implementou o mesmo sobre a plataforma CIVIDAS.

A través deste servizo desenvolvéronse dúas ferramentas:

Ferramenta para o soporte centralizado dos Sistemas Instalados polo Proxecto MOVESE-EMAIV, que permite resolver dúbidas do traballo diario do persoal funcionario e solucionar problemas grazas a posibilidade de acceso remoto aos distintos sistemas municipais.

Con esta actuación permítese á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo prestar un servizo de soporte interno a todos os concellos implicados no proxecto a través dun acceso remoto aos distintos sistemas dos municipios. A ferramenta creada baseada en Ontimize proporciona as seguintes funcionalidades:
  • Rexistro e tramitación de incidencias integrado coas aplicacións de xestión de expedientes dos concellos, de forma que desde ditas aplicacións poida darse de alta directamente incidencias, capturando de maneira automática información técnica ou xenérica relevante. Neste caso definiuse unha interfaz Java para a comunicación de incidencias. Ten ademais un Módulo de consulta que permite recabar información a partir do histórico de incidencias e un módulo de estatísticas.
  • Acceso por parte dos técnicos que prestan o servizo á aplicación do usuario que presenta a incidencia.
  • Base de coñecemento: existe un sistema accesible a través de internet que permite consultar toda a información relativa ao soporte e uso dos sistemas de xestión.
Ferramenta para BDUAC (Base de datos Unificada de Atención á Cidadanía), permite dotar dunha ferramenta mais eficaz o servizo de atención a cidadanía, centralizando dito servizo. Inclúe os seguintes apartados:
  • Base de datos unificada de atención a cidadanía. Esta BBDD aglutina e dá estrutura común a información das distintas fontes, ao tempo que replica a información existente nos sistemas orixinais, evitando problemas de rendemento e saturación.
  • A ferramenta conta con funcionalidade CTI (Computer Telephone Integration – Integración entre ordenador e telefonía), de maneira que sobre a propia aplicación é posible identificar o número do chámante e mostrar de forma automática información referida ao contexto do cidadán.
  • Servizo de impartición da Formación para a Plataforma CIVIDAS.

O servizo foi contratado coa empresa IMATIA Innovation S.L que desenvolveu o mesmo en xornadas de formación abertas a participación dos técnicos de todos os Concellos. 

  • Difusión

A difusión pública do proxecto foi realizada mediante a inserción no xornal Faro de Vigo de anuncios os días 20, 24 e 27 de novembro de 2009 (faldóns de 15 módulos en cor) e a emisión na canle de radio de máis audiencia (Cadena Ser ) dun total de 45 cuñas de 25” de duración nos días 9, 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18, 21 e 22 de decembro de 2009.

 Procedementos do Proxecto E-MAIV
 

 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org