Partindo dunha finalidade primordial consistente en promover a execución de proxectos innovadores acordes coas necesidades territoriais, económicas e sociais do territorio, favorecendo un desenvolvemento sostible e equitativo e mellorando as posibilidades de inserción das persoas desempregadas, centramos a súa actividade en torno a dous ámbitos:
por unha banda, e dando resposta as necesidades existentes para mellorar a planificación en materia de emprego, fomentar a inserción laboral e mellorar a empregabilidade da poboación, no apoio ás entidades promotoras e aos proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego da provincia de Pontevedra.
por outra banda, e de forma xeral, no apoio á Mancomunidade de Vigo na execución da súa estratexia de favorecer un desenvolvemento sostible e garantir un equilibrio territorial favorecendo a cohesión económica e social entre a súa poboación.