Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Información-Quen somos?
Galego Español
Quen somos?
Imprimir Enviar a un amigo/a
A Unidade de Promoción e Desenvolvemento 2008-2010 (UPD) é un proxecto promovido pola Mancomunidade de Vigo e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo que se atopa en funcionamento desde o pasado 22 de decembro de 2008 e que rematará o vindeiro 21 de decembro de 2010. Esta UPD 2008-2010 é a sexta experiencia da mesma natureza que se promove desde a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo que en febreiro de 1995 puxo en marcha o seu primeiro proxecto.
 
O ámbito territorial de intervención da UPD 2008-2010 é a provincia de Pontevedra e dunha maneira especial o conformado pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.
 
A UPD 2008-2010 consta de tres áreas de traballo (área de investigación, área de proxectos e área de información) e está formada por un Director, unha Técnica en Investigación Socio-económica, unha Técnica en Formación e Inserción, unha Arquitecta, unha Técnica en Comunicación e Desenvolvemento Web, un Técnico en Informática, dúas persoas de apoio administrativo e unha persoa de apoio en informática e comunicación.

Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org