Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Traballando pola comunidade
Obxetivos
Os obxetivos da UPD son os seguintes:
- Investigar as oportunidades de desenvolvemento e emprego do territorio por medio dunha axeitada prospección e avaliación dos seus recursos dispoñibles e do uso de métodos e sistemas que permitan planificar iniciativas viables, sostidas e innovadoras,
- Colaborar co persoal técnico e axentes de emprego e desenvolvemento local de cara a deseñar e por en práctica estratexias relacionadas cos novos xacementos de emprego, iniciativas de desenvolvemento local e de escolas obradoiro, casas de oficio e obradoiros de emprego,
- Dinamizar e apoiar aos proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego cooperando cos AEDLs e os equipos directivos e docentes dos proxectos para mellorar o desenvolvemento das súas tarefas e funcións, proporcionándolles metodoloxías, formación e recursos,
- Desenvolver estratexias e metodoloxías de apoio dirixidas á inserción laboral por conta allea, á creación de iniciativas empresariais e ao autoemprego dos colectivos de desempregados e, especialmente, dos participantes en escolas obradoiro, casas de oficio e obradoiros de emprego e outros programas de cooperación,
- Avaliar os proxectos executados a través do ofrecemento de metodoloxías e ferramentas para acadar este fin e facilitar e difundir información sobre o emprego e o desenvolvemento local, a través da súa organización, sistematización e divulgación entre os AEDLs, as escolas obradoiro, casas de oficio e obradoiros de emprego e as entidades interesadas no desenvolvemento local e na creación de emprego.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail:
info@maiv.org | Web:
www.maiv.org