Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Escolas e Obradoiros-Entidades Promotoras
Galego Español
Entidades Promotoras
Imprimir Enviar a un amigo/a
Calquera entidade pública ou privada sen ánimo de lucro pode promover un proxecto de Escola ou Obradoiro. Con frecuencia, na nosa comunidade, é que sexan as administracións locais as que desenvolvan este tipo de proxectos. Tamén o poden solicitar as seguintes entidades:
 
- ONG´s
- Sindicatos
- Entidades privadas sen ánimo de lucro
- Fundacións
- Asociacións
- Consorcios
- Entes públicos estatais ou autonómicos
 
REQUIRIMENTOS

Dende o momento que unha entidade promotora pretende solicitar unha Escola ou Obradoiro, é necesario que se cumpran unha serie de requirimentos para a súa posta en marcha.

Recursos humanos: Determinar se existe o suficiente número de desempregados no territorio (maiores de 16 anos e menores de 25 para unha EO ou maiores de 25 anos para un OE).

Recursos materiais: Determinar o lugar físico onde vai a ter a Escola ou Obradoiro a súa sede administrativa, as aulas para a formación obrigatoria e complementaria e onde realizar as prácticas das diferentes especialidades.

Inserción laboral: Verificar se o territorio no que se desenvolverá o proxecto ofrece posibilidades reais de emprego para os participantes.

Obra ou servizo: Debe existir un proxecto de obra ou servizo de utilidade pública ou social sobre o que actuar. É moi importante ter claro cal é a obra ou servizo que se pretende realizar, que se adecúe o plan formativo para o aprendizaxe, así como ver se existen as cesións correspondentes no caso de seren necesarias, ou ben as autorizacións administrativas que sexan esixibles atendendo a natureza xurídica e o réxime de protección dos elementos sobre os que se pretende actuar. Ademais será preciso unha descrición detallada da obra ou servizo que se vai realizar, así como o destino previsto para a súa utilización posterior.

Partida orzamentaria: Poder consignar unha partida orzamentaria para sufragar os gastos derivados da execución da obra ou servizo, así como todos aqueles custos que a subvención da Consellería de Traballo non financia.
 
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org