Que son as EO-OE
ESCOLAS OBRADOIRO E CASAS DE OFICIO
Características:
- Vai dirixido a persoas desempregadas entre 16 e 24 anos inscritos na Oficina do INEM coma demandantes de emprego.
- A duración máxima é de dous anos.
- Na primeira etapa de 6 meses de duración o alumnado traballador recibe unha bolsa por día lectivo asistido á Escola.
- Na segunda etapa de formación en alternancia co traballo, recibe a cambio do contrato de formación que subscribe coa entidade promotora o 75% do Salario Mínimo Interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Ademais o alumnado traballador recibe durante toda a duración do proxecto:
- Formación profesional ocupacional en función do oficio ou posto de traballo que se vai desempeñar.
- Orientación, información profesional e formación empresarial.
- Asistencia técnica para a busca de emprego tanto por conta allea como para establecerse por conta propia.
- Formación en informática para permitir o acceso ás novas tecnoloxías.
- Educación para a sensibilización ambiental.
- Formación relacionada coa prevención de riscos laborais.
- Formación en sensibilización en igualdade de xénero.
- Educación básica para aquelas persoas que non alcanzaran os obxectivos da educación secundaria obrigatoria ou non posúan o título de graduado escolar.
As casas de oficios implántanse principalmente nos núcleos urbanos, pero a diferenza das escolas a duración é de un ano.
OBRADOIROS DE EMPREGO
Características:
- Vai dirixido a persoas desempregadas maiores de 25 anos inscritos na Oficina do INEM coma demandantes de emprego.
- A duración máxima é dun ano.
- Desde o inicio do proxecto os alumnos traballadores reciben a cambio do contrato de formación o 150% do Salario Mínimo Interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Ademais o alumnado traballador recibe durante toda a duración do proxecto:
- Formación profesional ocupacional en función do oficio ou posto de traballo que se vai desempeñar. Orientación, información profesional e formación empresarial.