Finanzamento
A Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo financian:
- Custos de formación ocupacional e educación básica:
- Soldos e salarios do persoal directivo, docente e de apoio incluída a parte de Seguridade Social a cargo da entidade promotora.
- Material e medios didácticos e de consumo.
- Amortización de instalacións e equipos.
- Viaxes para formación do alumnado-traballador.
- Materiais de oficina.
- Alugamento de instalacións, maquinaria e equipos.
- Seguro de accidentes do alumnado e póliza de responsabilidade civil.
- Gastos xerais e outros gastos de funcionamento:
-Bolsas do alumnado traballador durante os seis primeiros meses de funcionamento do proxecto, no caso dunha Escola Obradoiro.
- Soldos e salarios, incluída a Seguridade Social a cargo da entidade promotora derivados dos contratos de formación co alumnado traballador.
A entidade promotora ten que aportar medios para financiar:
- Partidas relacionadas coa execución da obra.
- Materiais para a obra ou servizo.
- Adquisición de maquinaria, medios auxiliares e equipos.
- As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensión, despedimentos, cesamentos ou finalización de contratos.
- Os gastos financeiros xerados por avais, anticipos bancarios ou análogos.