As administracións públicas publican anualmente convocatorias de axudas económicas para a creación de empresas, para o cal é preciso contar cunha serie de requisitos que se recollen en cada unha das ordes. Entre outras, podemos atopar axudas para a promoción do emprego autónomo, axudas a creación de cooperativas e sociedades laborais, axudas a contratación de traballadores e apoio a outros investimentos necesarios para ampliar ou renovar a empresa.
Estas axudas que poden consistir en diñeiro a fondo perdido ou na rebaixa dos xuros dun crédito están condicionadas a realización dos investimentos necesarios para a posta en marcha do proxecto e en ningún caso poden ser superiores a o seu custo total.
Para estar puntualmente informado sobre as diferentes convocatorias acudir aos Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local dos concellos da provincia de Pontevedra ou ben consultar na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar.