A posta en marcha dunha idea empresarial debe ser avaliada con anterioridade a través do que se denomina Plan de Empresa que é un documento escrito que recolle antecedentes da actividade, información sobre os promotores, os obxectivos fixados a curto e medio prazo, a xustificación e as expectativas do negocio, a valoración inicial do proxecto, unha análise do mercado e do contorno socioeconómico, a viabilidade da empresa e un estudo financieiro sobre os resultados previstos para os primeiros 3 anos de actividade.
E unha ferramenta de vital importancia para o/a emprendedor/a xa que permite adiantar se a idea pode ter éxito ou non ao marxe de servir como instrumento de xestión ou como carta de presentación a persoas e institucións na busca de financiación, socios, etc.
Para a súa confección e recomendable acercarse na busca de axuda a un dos servizos de asesoramento (Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local) dos concellos ou doutras institucións que se atopan por todo o territorio.
Achegamos un modelo de formulario de Plan de Empresa que recolle os datos básicos cos que debe contar este documento. Plan de Empresa.