Esta sección pretende servir de ponte cunha proposta de páxinas web que poden facilitar o labor diario do persoal das escolas e obradoiros, especialmente en aspectos que afecten á capacitación integral do alumnado traballador, así como á súa integración social e laboral.
Un número significativo das persoas que participan nunha escola obradoiro ou obradoiro de emprego precisan dunha atención individual que dea resposta a necesidades e problemáticas específicas, acción tan fundamental como o propio proceso de capacitación para lograr o obxectivo final da inserción laboral.
Quen traballa no eido da formación e o emprego debe coñecer como se estrutura o novo Sistema de Formación Profesional e o Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais, cales son as unidades de competencia que se requiren para o desempeño das diferentes ocupacións, así como os documentos acreditativos que avalan ditas competencias e que nalgúns casos son imprescindibles para a realización de actividades concretas.
EmpregoSubir
As páxinas que se suxiren neste apartado proporcionan información teórica e, nalgúns casos, directrices prácticas sobre aspectos que sustentan o dereito ao emprego tanto a nivel internacional como nacional: normativas, dereitos e deberes, igualdade de oportunidades, etc. Tamén se incluíu a páxina do emprego transfronteirizo; así como a rede galega de técnicos e técnicas locais de emprego, axentes cos que se debe contar no caso de xurdir algunha iniciativa empresarial no marco do proxecto.
A través das páxinas incluídas neste apartado preténdese ofrecer información de entidades sindicais e empresariais que ofertan cursos de cara a formación permanente e a reciclaxe das persoas en activo. Non só o persoal directivo e docente das escolas e obradoiros pode estar interesado nestas accións formativas, senón tamén é susceptible de participar nas mesmas o alumnado traballador.
A través das páxinas incluídas neste apartado preténdese ofrecer acceso á normativa técnica de maior aplicación no desenvolvemento das obras de construción que se realizan nos proxectos de obra, información que pode ser de interese tanto para o persoal directivo e docente das escolas e obradoiros como para o alumnado traballador.
As Escolas Obradoiros e os Obradoiros de Emprego, como espazos nos que se desenvolven actividades a pé de obra ou servizo, están suxeitos á normativa de prevención de riscos laborais. Coa finalidade de que o persoal dos proxectos conten con información actualizada sobre as medidas preventivas a adoptar, tanto polo equipo directivo e docente como polo alumnado traballador, a continuación ofrécense unha relación de páxinas onde se poderá atopar a lexislación vixente, así como material didáctico de interese.