Competencias Clave
Que son?
Os Reais Decretos que establecen os novos certificados de profesionalidade, determinan uns requisitos de acceso á formación dos módulos formativos dos novos certificados de profesionalidade.
Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, deberá verificarse que o alumnado posúa as "Competencias Clave" para cada un dos módulos.
As competencias claves son os requisitos formativos asociados aos novos certificados de profesionalidade que aseguran que o alumnado posúa os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento a devandita formación profesional.
Cales son as competencias clave?
Son contidos xerais de formación básica en relación coas seguintes áreas:
- Lingua galega
- Lingua Castelá
- Lingua estranxeira
- Matemáticas
- Ciencia
- Tecnoloxía
- Dixital
- Xeografía
- Historia
Como se poden demostrar as competencias clave?
Considérase que están en posesión desas competencias claves aquelas persoas que:
1. - Superen as probas de competencias clave que organice a administración.
2. - Estean en posesión de:
- Un título de la ESO para o nivel 2 e bacharelato para nivel 3.
- Un certificado de profesionalidade do mesmo nivel.
- Un certificado de profesionalidade de nivel inferior da mesma familia e área profesional
- A proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
3. - Realicen a formación específica en competencia clave.
Na páxina web do Instituto Galego das Cualificacións pódese consultar información detallada sobre normativa, convocatorias e procedementos de verificación das competencias clave:
http://traballo.xunta.es/contenidos/gl/menu_transversal/formacion_cualificaciones/competencias_clave