Móvete: marca unha estratexia para unha busca de emprego organizada
Unha vez que coñeces o que queres facer profesionalmente e a situación do mercado de traballo, é preciso marcar uns obxectivos a corto, medio e longo prazo, así coma os pasos a dar para acadalos. Marcar a túa estratexia permitirache realizar unha busca de emprego organizada, constante e de acordo coa realidade.
Diríxete aos seguintes lugares para informarte na túa procura de emprego:
INEM, Servizo Público De Emprego De Galicia, ETT, etc,
e consulta fontes de información como prensa, internet onde se publican convocatorias públicas e privadas e ofertas formativas. Gran parte delas atoparalas na nosa páxina de inicio. Non esquezas os teus contactos, eles poderán abrirche moitas portas no mercado de traballo.
A Escola de Emprego e unha web que che permite xestionar as túas ofertas laborais; anímate a introducir os teus datos, e se o protagonista da túa busca de emprego.
Ademais a web proporciónache unha base de datos coas empresas dos distintos sectores da nosa provincia, a partir da que poderás comezar a túa busca de traballo.