O proceso de busca de emprego é un traballo en si mesmo que leva moito esforzo e dedicación, cuxo obxectivo é acadar un emprego no que te desenvolvas profesionalmente. Para darte a coñecer ás empresas é necesario elaborar o teu curriculum profesional e dominar outras ferramentas básicas que che axudaran nesta procura.
As ferramentas básicas na busca de emprego son:
Xa podes ser un candidato/a das ofertas de traballo que che ofrece a web de emprego. Date de alta como candidato/a. Introduce os datos do teu curriculum e comeza a buscar traballo!
É de vital importancia redactar un bo currículo xa que é un resumo dos teus datos persoais, académicos e profesionais, onde reflictas as túas aptitudes e capacidades. Ten en conta que é a túa vía de presentación ás empresas, o escaparate da túa formación, experiencia e destrezas. Nesta páxina atoparás información de como redactalo e varios modelos que podes utilizar. Pica no seguinte link para obter os distintos modelos de CV.
Non existe un modelo ou forma máxica de currículo pero si unha norma xenérica: debe ser sinxelo de ler e á vez atraer a atención e suscitar o interese do/a seleccionador/a, destacando aquelas características persoais e profesionais que fan que a persoa candidata sexa o idóneo para o posto.
Consellos para a elaboración dun bo currículum
Modelos de Curriculum Vitae
2. A carta de presentación (subir)
A carta de presentación é como a túa tarxeta de visita. Nela dás a coñecer brevemente os teus intereses e os coñecementos que posúes de acordo co posto de traballo ao que te dirixe. Redacta unha carta que induza á lectura do teu curriculum. Non se trata de repetir o exposto no mesmo, senón de sintetizar e amosar de xeito positivo os aspectos máis relevantes acordes coa oferta de emprego á que optes.
Existen diferentes modelos de carta de presentación, aínda que todas elas se caracterizan por ter a seguinte estrutura:
Presentámosche algúns modelos de cartas de presentación: resposta a un anuncio e autocandidatura .
Consellos para a elaboración da carta de presentación
3. Solicitude de Emprego (subir)
Son moitas as empresas as que che podes achegar, ben por iniciativa propia ou ben para dar resposta a unha oferta publicada, co obxecto de cumprimentar unha solicitude o formulario de emprego que che permita formar parte da súa base de datos e acceder aos postos de traballo que se poidan demandar.
Non teñas inseguridade á hora de ter que cumprimentar unha solicitude, será máis doado se tes elaborado o curriculum e o levas contigo.
4. A chamada telefónica (subir)
En numerosas ocasións vaste atopar con ofertas de emprego nas que tan só se facilita un número de teléfono de contacto, polo que non estaría de máis que estiveras preparado para poder realizala.
Deberías ter en conta:
Outra posibilidade para darte a coñecer e a confección do teu propio anuncio para venderte como traballador ou traballadora.
Os datos mínimos que debe conter son: