4. A entrevista de traballo
Conta Allea: 4. A entrevista de traballo
 

Todos os pasos dados con anterioridades teñen como fin conseguir unha entrevista de traballo. É un diálogo formal entre a empresa e a persoa candidata que permite completar a información recollida no curriculum e analizar intereses, motivación, características personais, etc.

Consellos para afrontar a entrevista de traballo

As persoas que se presentan ás entrevistas de selección de persoal están sometidas a moita presión, polo que o seu comportamento habitual virá determinado polo baixo control da situación e manifestacións de ansiedade.

      ANTES. Confía en ti

  • Infórmate sobre a empresa e o posto de traballo, demostrará que estás motivado/a.
  • Prepara a entrevista, non deixes un momento tan importante á improvisación.
  • Ensaia as veces que consideres necesarias.

      DURANTE. Si controlas a situación, causas boa impresión

  • Procura chegar puntual
  • Leva o teu curriculum actualizado.
  • Manifesta o teu coñecemento sobre a empresa e o posto de traballo
  • Exhibe enerxía positiva e ten decisión a hora de contestar.
  • Senta nunha postura axeitada e mantén unha actitude respectuosa.
  • Escoita ben as preguntas que che fan
  • Formula preguntas, non  te quedes con dúbidas. Ti tamén avalías.
  • Mantén a túa forma de ser, se te chamaron é porque lles interesas.
  • Agradece a oportunidade brindada.

      DESPOIS. Aprende dos erros

  • Recapacita despois de cada entrevista sobre o acontecido na mesma.
  • Se che xorden dúbidas pregunta ao teu orientador ou orientadora laboral.
  • Estate dispoñible e localizable.
  • Non desesperes na procura, o esforzo sempre ten recompensa.
 

Que debes saber sobre a comunicación verbal e non verbal?

A comunicación na entrevista de selección de persoal adquire unha importancia tan grande que pode chegar a condicionar os resultados da mesma. Coñecendo os aspectos da comunicación verbal e non verbal cos que te podes atopar terás un maior control sobre esta situación.

      COMUNICACIÓN VERBAL

  • Dá respostas positivas e que amosen seguridade en ti. "Penso que..", "aprendereino....".
  • Evita ser arrogante "..seino todo e non teño nada que aprender", e inseguras "iso é moi complicado para min".
  • Expresarte claramente vocalizando e sen apurar a fala.
  • Fai preguntas ao rematar a conversa e amosa interese nos temas tratados "gustaríame saber máis sobre..".
  • Non fales de xefes anteriores e por suposto non critiques.
  • Non discutas sobre crenzas persoais: sexo, raza, relixión.

      COMUNICACIÓN NON VERBAL

  • Mantén a mirada.
  • Cara relaxada.
  • Postura recta pero no forzada, sen sentarse no bordo.
  • Utiliza xestos abertos e que reforcen a linguaxe verbal.
  • Non fumes.
  • Xestos de asentamento coa cabeza.
  • Adopta actitude de escoita.
  • Compasa coa voz tendo en conta o timbre, ton, ritmo, volume, etc.
  • Fai exercicios de relaxación para reducir as tensións corporais.

 

Para obter máis información acerca da entrevista persoal, consulta o apartado de materiais.

 

 

 

CALENDARIO
   
 
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Hispanidade nº 17, 36203, Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44
E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org