Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-Obradoiro de Emprego MAIV DUAL 2022
Imprimir Enviar a un amigo/a

Obradoiro de Emprego MAIV DUAL 2022

DENOMINACIÓN:  O.E. MAIV DUAL 2022.  Expediente: 36/00021/2022

Especialidades: “COMM0112 XESTIÓN DE MARKETING E COMUNICACIÓN e SSCB0109 DINAMIZACIÓN COMUNITARIA"

Data de inicio:              26/09/2022

Data de remate:           25/09/2023

Entidade Promotora:  Mancomunidade del Área Intermunicipal de Vigo.

RESUMO DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS E DOS SERVIZOS E OBRAS

Nesta edición do Obradoiro de Emprego “ MAIV DUAL 2022” teremos un total de 16 alumnos/as traballadores/as, deles 8 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade de “ COMM0112 Xestión de márketing e comunicación  e 8 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade SSCB0109 Dinamización comunitaria”. O Obradoiro de Emprego está subvencionado cunha aportación de  403.189,60 € euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego.

Este proxecto ten unha duración de 12 meses, desde setembro de 2022 hasta setembro de 2023, e desenvólvese nas instalacións da Maiv, sita na Avda. da Hispanidade nº 17. Conta para o seu desenvolvemento cun equipo directivo formado por un director, un experto/docente en Xestión de márketing e comunicación, unha experta docente en dinamización comunitaria e unha administrativa.

O alumnado-traballador ten un contrato de formación-aprendizaxe, a través do cal a formación altérnase coa adquisición de experiencia laboral e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos, desenvolvendo un servizo de interese xeral e social, neste caso, na especialidade de Marketing dixital e comunicación a realización de estudos de mercado dentro da contorna da MAIV con especial atención ao mercado dixital, revisión e actualización do plan de comunicación da MAIV e os seus produtos/servizos, análises e revisión dos obxectivos de comunicación e dos portais e web da Mancomunidade, apoio ao Servizo de Asesoramento a Emprendedores da MAIV en materia de márketing e comunicación así como o deseño e elaboración de contidos para os materiais dixitais da MAIV e do SAE.

Na especialidade de Dinamización Comunitaria a realización de diagnósticos e estudos de situación socio-económica dos concellos da Maiv, elaboración de estudos de necesidades municipais dos concellos da Maiv, deseño, posta en marcha e dinamización de proxectos de desenvolvemento local e de apoio ao tecido empresarial local (comercio local, microempresas), establecer estratexias de comunicación e difusión dos diferentes proxectos; creación e desenvolvemento de contidos para os sitios web e redes sociais da MAIV, así como deseñar e establecer unha guía o manual de boas prácticas para incorporar a perspectiva de xénero nas actuacións que se realicen por parte da MAIV  e os concellos integrantes.

Ademais da formación correspondentes aos certificados de profesionalidade “ COMM0112 XESTIÓN DE MARKETING E COMUNICACIÓN e SSCB0109 DINAMIZACIÓN COMUNITARIA, ”, o alumnado/traballador tamén recibirá formación complementaria en Prevención de Riscos Laborais, Alfabetización Informática, Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Ambiental, Orientación Laboral e Creación de Empresas.

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org