Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-Obradoiro de Emprego "Maiv Garantía Xuvenil 2018"
Imprimir Enviar a un amigo/a

Obradoiro de Emprego "Maiv Garantía Xuvenil 2018"

O Obradoiro de Emprego "Maiv Garantía Xuvenil 2018" é un proxecto de formación e emprego promovido pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Fondo Social Europeo, dirixido a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O proxecto ten como obxectivo formar a 16 alumnos/as traballadores/as en dúas especialidades que terán asociados os correspondentes certificados de profesionalidade de cara a mellorar a súa empregabilidade e favorecer a súa incorporación ao mercado de traballo.

A duración do proxecto é de seis meses e o seu desenvolvemento terá lugar desde o 28 de setembro de 2018 ao 27 de marzo de 2019.

As especialidades formativas son:


C
omercio e Marketing: nesta especialidade formaranse 8 alumnos/as traballadores/as no certificado de profesionalidade de Xestión de Marketing e Comunicación e simultaneamente realizarán actividades relacionadas coa dinamización das páxinas web e dos servizos da Mancomunidade.


Deseño de Produtos Gráficos:
esta especialidade conta con 8 alumnos/as traballadores/as que se formarán dentro do certificado de profesionalidade de Deseño de Produtos Gráficos e que tamén realizarán traballos onde desenvolverán proxectos gráficos a partir das especificacións iniciais do produto; elaborando bosquexos, seleccionando e adecuando cor, imaxes e fontes tipográficas; creando elementos gráficos, maquetas e artes finais; utilizando ferramentas informáticas; realizando presupostos en función das características do proxecto e verificando a calidade do produto terminado.  


Ademais da formación específica dos certificados de profesionalidade que correspondan, os/as alumnos/as traballadores/as recibirán formación nos seguintes módulos complementarios: Prevención de Riscos Laborais, Alfabetización Informática, Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Medioambiental, Orientación Laboral e Creación de Empresas.



  

 

 

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org