Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-Servizo de Orientación Laboral
Imprimir Enviar a un amigo/a

Servizo de Orientación Laboral


Se estás en desemprego, no Servizo de Orientación da Mancomunidade, asesorámoste e axudámosche a:


Definir o teu obxectivo profesional

Asesoramos na elaboración do teu obxectivo profesional, tendo en conta o mercado laboral, o teu perfil e as 
túas preferencias.

Informamos sobre os requisitos que se requiren para os diferentes postos de traballo ofertados no mercado 
laboral e orientamos sobre os postos máis adecuados ao teu perfil, realizando detección de necesidades e
 
deseño de itinerarios formativos se fose preciso.

Informamos sobre a oferta formativa existente e onde podes realizala.


Mellora de técnicas e ferramentas para a busca de emprego

Asesoramos na elaboración do currículo, cartas de presentación e practicamos contigo técnicas para a 
superación de entrevistas de traballo.

Informamos sobre as técnicas e recursos existentes e axudámosche a organizar a túa busca de emprego.

 

Información sobre o recoñecemento das competencias profesionais
 

Informamos e orientamos sobre o procedemento do recoñecemento das competencias profesionais 

adquiridas por experiencia laboral:

Natureza e fases do procedemento

Requisitos e acceso

Dereitos e obrigas

Acreditacións oficiais que se poden obter, e efectos das mesmas

 

Se queres ser atendido/a pola nosa orientadora, pide cita chamando ao teléfono 986 423 366, de luns a venres
de 8,00 h a 15,00 horas, ou enviando un e-mail a orientacion@maiv.org



          



Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org