Programa de emprego “MAIV GARANTÍA XUVENIL 2023”
NOME DO PROGRAMA DE EMPREGO: MAIV GARANTÍA XUVENIL 2023 Expediente: 36/00011/2023
Especialidades - ARGG0110 / IMSV0209 DESEÑO GRÁFICO E PRODUTOS MULTIMEDIA
- ADGD0210 CREACIÓN DE EMPRESAS MEDIOAMBIENTALES E TURÍSTICAS
Data de inicio 02/10/2023
Data de finalización 01/10/2024
Entidade Promotora: Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.
RESUMO DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS E DOS SERVIZOS E OBRAS
Nesta edición do programa de Emprego MAIV GARANTÍA XUVENIL 2023 un total de 16 alumnos/as traballadores/as, deles 8 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade de ARGG0110 / IMSV0209 Deseño gráfico e produtos multimedia e 8 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade ADGD0210 Creación de empresas medioambientales e turísticas. O Programa de Emprego está financiado cunha subvención de 424.836,96 € euros. Esta axuda enmárcase dentro da iniciativa de emprego xuvenil e o Programa Operativo
Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021 2027, Obxectivo político 4, Prioridade 5, Obxectivo específico ESO4.1, Medida 5.a.03 cofinanciado nunha porcentaxe do 60%..
Este proxecto ten unha duración de 12 meses, desde o 2 de outubro de 2023 ata o 1 de outubro de 2024, e desenvólvese nas instalacións da Maiv, sita na Avda. da Hispanidade nº 17. Conta para o seu desenvolvemento cun equipo directivo formado por un director, un experto docente en Deseño gráfico e produtos multimedia, unha experta docente en Creación de empresas medioambientales e turísticas e unha administrativa.
O alumnado-traballador ten un contrato de formación-aprendizaxe, a través do cal a formación altérnase coa adquisición de experiencia laboral e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos, desenvolvendo un servizo de interese xeral e social, neste caso, na especialidade de Deseño gráfico e produtos multimedia, o análise de actividades e iniciativas de deseño gráfico e multimedia a desenvolver, en relación ás actividades e proxectos da Mancomunidade de Vigo e/ou dos concellos que a compoñen. Revisión e actualización do deseño e a imaxe gráfica dos portais web e redes sociais da Mancomunidade, web da app de turismo “Terras Atlánticas" e “emprendenarede” ao marxe doutros produtos e elementos gráficos da Mancomunidade. Realización de traballos de deseño gráfico para a Mancomunidade de Vigo ou para os concellos da Mancomunidade. Apoio ao Servizo de Asesoramento a Emprendedores da MAIV, en materia de deseño gráfico, prestando inclusive asesoramento especializado nesta materia directamente aos proxectos empresarias. Análise de actividades e produtos multimedia a implementar na Maiv e nos concellos que a compoñen. Crear proxectos audiovisuais multimedia de calidade para os sitios web e redes sociais da Maiv e dos concellos que a compoñen. Crear contidos para os produtos multimedia e introducir no SAE os produtos multimedia interactivos.
Na especialidade de Creación de empresas medioambientales e turísticas a elaboración de estudos de necesidades municipais dos concellos da Maiv no ámbito da creación de empresas. Deseño, posta en marcha e dinamización de proxectos de desenvolvemento local e de apoio ao tecido empresarial local (comercio local, microempresas). Establecer estratexias de comunicación e difusión dos diferentes proxectos. Creación e desenvolvemento de contidos para os sitios web e redes sociais da MAIV. Deseñar e establecer unha guía ou manual de oportunidades de negocio dentro da Maiv con especial atención aos proxectos medioambientais e turísticos para facilitarlle a MAIV e os concellos integrantes de cara a aproveitar as potencialidades do entorno. Creación e desenvolvemento de contidos de utilidade para o Servizo de Asesoramento a Emprendedores e os AEDLs do territorio. Dinamización de plataformas web de comercio local (marketplace) de iniciativa municipal o territorio da MAIV. Apoio ao Servizo de Asesoramento a Emprendedores da Maiv na creación e desenvolvemento de plans e proxectos de empresa. Deseño e creación de contidos para o SAE, actualizando materiais de uso habitual dentro do servizo de asesoramento. Creación de bases de datos para a recollida e a difusión de información e recursos que teñan que ver co emprendemento e a promoción empresarial, axudas e subvencións, programas e recursos para a mellora empresarial, financiamento, lexislación, etc. Creación dun boletín newsletter. Deseño e creación de píldoras formativas: breves ferramentas e manuais de uso empresarial para emprendedores. Deseño de contidos específicos e mantemento de espazos web e redes sociais da Maiv, dentro dos contidos abordados por esta especialidade. Busca e posta en marcha de iniciativas para deseño percocorridos no medio urbano e natural da Maiv para posta en marcha e transferencia a iniciativas empresariais. Planificación de itinerarios e condución do grupo no medio natural ou urbano. Medidas de protección e auxilio durante percorridos no medio rural e urbano. Deseño dun plan de educación ambiental na Maiv a implantar por iniciativas públicas ou privadas a través de creación ou apoio a iniciativas empresariais medio ambientais. Promoción turística e información ao visitante. Realización de estudos do turismo nos municipios da Maiv. Creación, xestión e promoción de actividades de turismo. Colaboración na programación das principais festividades do ano. Colaboración no Desenvolvemento turístico do Camiño Portugués da Costa.
Ademais da formación correspondentes aos certificados de profesionalidade “ ARGG0110 / IMSV0209 Deseño gráfico e produtos multimedia e ADGD0210 Creación de empresas medioambientales e turísticas”, o alumnado/traballador tamén recibirá formación complementaria en Prevención de Riscos Laborais, Alfabetización Informática, Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Ambiental, Orientación Laboral e Creación de Empresas.