Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-E-administración
Imprimir Enviar a un amigo/a

E-administración


A implantación da E-Administración pretende a modernización administrativa dos concellos da Área Intermunicipal de Vigo e foi presentado no marco do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MITYC), a través da convocatoria de concesión de axudas para concellos Dixitais.

Este proxecto actuou nunha primeira fase sobre 5 concellos (Salceda de Caselas, Salvaterra, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Gondomar) buscando a converxencia no nivel de implantación de e-servizos con aqueles concellos que xa viñan traballando na modernización da administración no marco do proxecto E-MOVESE, financiado polo programa PRODER II, (Nigrán, Baiona, O Porriño, Mos, Redondela e Soutomaior).

Unha vez acadado o mesmo nivel de implantación o proxecto desenvolveu e implantou mais procesos, procedementos e melloras en todos os Concellos da MAIV, incluído o concello de Vigo. 

En xuño de 2008 a Xunta de Goberno da MAIV acordou a implantación da plataforma CIVIDAS como plataforma de administración electrónica común para o desenvolvemento do proxecto no marco da MAIV. Dita plataforma foi finalmente contratada polos Concellos participantes agás o Concello de O Porriño que optou pola solución ofertada pola empresa E-Gim.

O proxecto constou de diferentes fases de execución, que tiveron como punto de partida a executar polos concellos que non tiñan participado no proxecto E-MOVESE (os implicados na primeira fase) os seguintes elementos:

  • Instalación de hardware necesario para o Proxecto E-MAIV.
  • Implantación da Plataforma CIVIDAS para a Prestación de e-Servizos á Cidadanía e Implementación dun Conxunto de e-Servizos sobre a Mesma.
A MAIV achegou aos Concellos a documentación coas características mínimas requiridas por ambas contratacións. A implementación desta fase de execución foi desenvolvida en todos os Concellos participantes no proxecto agás no Concello de Gondomar que renunciou a execución do proxecto E-MAIV.

Os obxectivos que se pretenden acadar mediante o presente proxecto son:

• Alcanzar un umbral mínimo de modernización administrativa en toda a área intermunicipal de Vigo, facendo posible a incorporación dos municipios de menor poboación. Este umbral sitúase, ademais, nun nivel moi ambicioso, xa que inclúe tanto os elementos máis críticos da xestión municipal, como a posibilidade de tramitación telemática e interconexión con outras administracións.
• Levar a cabo unha segunda fase de modernización da xestión en toda a zona, a partir da tecnoloxía xa desenvolta en Vigo. Mediante esta segunda fase incorporanse novas áreas da xestión administrativa ou se completan outras parcialmente resoltas.
• Abordar novos desarrollos innovadores no ámbito da xestión municipal (podemos falar de I+D na Administración pública), ou que supoñan unha mellora significativa na integración de sistemas e, con elo, da calidade da xestión.
• Impulsar os desarrollos baseados en estándares abertos, buscando un maior aproveitamento das inversións en tecnoloxías da información, unha economía de escala nos procesos asociados (mantenimiento, evolución) e, no futuro, a interconexión entre os procesos de xestión de toda a zona.
• Sentar as bases para a converxencia a medio plazo dos dous sistemas actualmente presentes (o de Vigo e o do resto de concellos).
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org