Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-A institución-Organigrama
Imprimir Enviar a un amigo/a

Organigrama

A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo estrutúrase arredor de diversos órganos de goberno:
  • Pleno da Mancomunidade. Órgano superior, integrado por 54 compoñentes, entre os que se encontran os alcaldes ou alcaldesas dos doce concellos e concelleiros/as municipais asignados de acordo con criterios de representatividade e pluralidade política.
  • Xunta de goberno. Composta por todos os alcaldes ou alcaldesas dos concellos membros ou polos concelleiros/as nos que estes deleguen, sempre que teñan a condición de representantes no Pleno da Mancomunidade.  
  • Presidencia. A presidencia (representante da entidade) é asumida de forma permanente por quen ostenta a alcaldía do concello de Vigo, establecéndose ademais tres vicepresidencias rotatorias que ocupan temporalmente os distintos alcaldes/as dos municipios, de acordo a tres áreas xeográficas diferenciadas (área Louro-Condado, área Val Miñor e área Redondela-Norte), que teñen como función principal apoiar á presidencia na defensa dos intereses das súas áreas respectivas e detectar necesidades concretas dos territorios aos que se lles asigna.
 
Así mesmo, a estrutura administrativa e de xestión contempla as seguintes figuras:
  • Secretaría, Intervención e Tesourería. Funcións desenvolvidas por persoal funcionario con habilitación de carácter nacional.
  • Xerencia. Asume a xefatura dos servizos administrativos da Mancomunidade, sen prexuízo das funcións que desenvolvan os funcionarios con habilitación de carácter nacional, recollendo ademais aquelas atribucións que lle sexan encomendadas polos órganos de goberno.
  • Direccións de Servizo. As persoas que ostentan as direccións de servizo sitúanse ao fronte dos distintos servizos ou proxectos xestionados de forma continuada ou temporal por parte da Mancomunidade. Así, podemos facer referencia ao servizo administrativo-financeiro, á dirección de programas e proxectos e a dirección do servizo de promoción económica, aos que se poden engadir outros como o servizo de maquinaria ou servizos temporais adscritos a determinados proxectos que se poidan desenvolver. Os servizos da Mancomunidade de Vigo son atendidos por persoal eventual e persoal administrativo e técnico de carácter laboral fixo e temporal, adscritos aos diferentes departamentos ou proxectos que se desenvolven.

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org