A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo configúrase como unha entidade local de carácter supramunicipal destinada a execución en común de obras e servizos determinados da súa competencia, conforme establece o art. 44.1 da Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases do Réxime Local.
De conformidade co art. 44.2 da citada lei, dita entidade ten plena personalidade xurídica para cumprir os seus fins e réxese polos seus propios estatutos.
Os obxectivos principais da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo son:
Procurar o desenvolvemento xeral e harmónico de todos os concellos que a integran.
Aunar esforzos co fin de prestar á cidadanía un maior número de servizos e de mellor calidade.
Reducir diferenzas sociais e económicas entre territorios limítrofes.
Buscar solucións conxuntas para os problemas que son comúns aos concellos.
Mellorar a calidade de vida e o benestar dos seus habitantes.
Impulsar o desenvolvemento integral e sostido da área.