Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-A institución-Historia
Imprimir Enviar a un amigo/a

Historia

O antecedente da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo hai que buscalo nunha serie de contactos que se producen dende o ano 1986 entre concellos limítrofes e relacionados con Vigo. 

É en 1992 cando se crean os Estatutos da Mancomunidade, composta naquel momento polos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Soutomaior e Vigo.

No ano 1997 foron reformados estes Estatutos, reflectíndose a incorporación do concello de Nigrán e a baixa de Mos. Este último ingresou novamente a principios do ano 2000.
 
Desde os seus inicios, esta entidade ten como finalidade principal a prestación de servicios mancomunados que van desde a cooperación en seguridad e infraestructuras ata accións de tipo social e medioambiental. Así mesmo, establécese que pode organizar e prestar servizos de competencia municipal que estean incluidos nas finalidades previstas nos seus estatutos.
 
Tralas eleccións municipais do ano 1999 os concellos da Mancomunidade aproban o Plan de Acción desta (1999-2003), proceso que se converteu en paso fundamental para a xestación da Declaración de Soutomaior realizada polos alcaldes da Mancomunidade no mes de novembro do ano 1999. Esta declaración marca un punto de inflexión na creación da futura área metropolitana, e convértese en documento lexitimador desta pola unanimidade conseguida na súa aprobación.

 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org