Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-Programa de emprego “MAIV GARANTÍA XUVENIL 2024”
Imprimir Enviar a un amigo/a

Programa de emprego “MAIV GARANTÍA XUVENIL 2024”

Programa de emprego “MAIV GARANTÍA XUVENIL 2024”

NOME DO PROGRAMA DE EMPREGO:  MAIV GARANTÍA XUVENIL 2024  Expediente: 36/00011/2024

Especialidades -                 ARGG0110 / IMSV0209  DESEÑO GRÁFICO E MULTIMEDIA

-       ADGD0210/ SSCB0109 XESTIÓN E DINAMIZACIÓN DE EMPRESAS

Data de inicio            15/10/2024

Data de finalización   14/10/2025

Entidade Promotora:  Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.

 

RESUMO DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS E DOS SERVIZOS E OBRAS

Nesta edición do programa de Emprego MAIV GARANTÍA XUVENIL 2024 un total de 16 alumnos/as traballadores/as,  deles 8 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención dos certificados de profesionalidade na especialidade de ARGG0110 / IMSV0209 Deseño gráfico e multimedia e 8 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención dos certificados de profesionalidade na especialidade ADGD0210/ SSCB0109 Xestión e dinamización de empresas. O Programa de Emprego está financiado cunha subvención de 438.603,20€. Esta axuda enmárcase dentro da iniciativa de emprego xuvenil e o Programa Operativo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021 2027, Obxectivo político 4, Prioridade 5, Obxectivo específico ESO4.1, Medida 5.a.03 cofinanciado nunha porcentaxe do 60%..

Este proxecto ten unha duración de 12 meses, desde o 15 de outubro de 2024 ata o 14 de outubro de 2025, e desenvólvese nas instalacións da Maiv, sita na Avda. da Hispanidade nº 17. Conta para o seu desenvolvemento cun equipo directivo formado por un director, un experto docente en Deseño gráfico e multimedia, unha experta docente en Xestión e dinamización de empresas e unha administrativa.

O alumnado-traballador ten un contrato de formación-aprendizaxe, a través do cal a formación altérnase coa adquisición de experiencia laboral e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos, desenvolvendo un servizo de interese xeral e social, neste caso, na especialidade de Deseño gráfico e multimedia: Análise de actividades e iniciativas de deseño gráfico e multimedia. Revisión e actualización do deseño e a imaxe gráfica dos portais e webs da Mancomunidade. Realización de traballos de deseño gráfico para a Mancomunidade de Vigo ou para os concellos da Mancomunidade.  Apoio ao Servizo de Asesoramento a Emprendedores da MAIV en materia de deseño gráfico, prestando inclusive asesoramento especializado nesta materia directamente aos proxectos empresarias. Análise de actividades e produtos multimedia a implementar na Maiv e nos concellos que a compoñen. Crear proxectos audiovisuais multimedia de calidade para os sitios web e as rrss da Maiv e dos concellos que a compoñen. Crear contidos para os produtos multimedia. Introducir no SAE os produtos multimedia interactivos.

Na especialidade de Xestión e dinamización de empresas: Elaboración de estudos de necesidades municipais dos concellos da Maiv no ámbito da creación de empresas. Deseño, posta en marcha e dinamización de proxectos de desenvolvemento local e de apoio ao tecido empresarial local (comercio local, microempresas). Establecer estratexias de comunicación e difusión dos diferentes proxectos. Creación e desenvolvemento de contidos para os sitios web e redes sociais da MAIV.  Deseñar e establecer unha guía ou manual de oportunidades de negocio dentro da Maiv con especial atención aos proxectos medioambientais e turísticos para facilitarlle a MAIV e os concellos integrantes de cara a aproveitar as potencialidades do entorno. Creación e desenvolvemento de contidos de utilidade para o Servizo de Asesoramento a Emprendedores e os AEDLs do territorio. Dinamización de plataformas web de comercio local (marketplace) de iniciativa municipal o territorio da MAIV. Apoio ao Servizo de Asesoramento a Emprendedores da MAIV na elaboración de proxectos e plans para emprendedores e pequenas empresas. Creación de contidos para o SAE, actualizando materiais de uso habitual dentro do servizo de asesoramento. Deseño e creación de píldoras formativas.  Creación de bases de datos para a recollida e a difusión de información. Elaboración e adaptación de contidos específicos e mantemento de espazos web e redes sociais da Maiv, dentro dos contidos abordados por esta especialidade. Elaboración de diagnósticos e estudos de situación socio-económica do territorio da MAIV. Elaboración de estudos de necesidades municipais dos concellos da MAIV. Deseño, posta en marcha e dinamización de proxectos de desenvolvemento local e de apoio ao tecido empresarial local (comercio local, microempresas). Establecer estratexias de comunicación e difusión dos diferentes proxectos.  Deseñar e establecer unha guía ou manual de boas prácticas para incorporar a perspectiva de xénero nas actuacións que se realicen por parte da MAIV e os concellos integrantes.

Ademais da formación correspondentes aos certificados de profesionalidade “ ARGG0110 / IMSV0209 Deseño gráfico e multimedia” e “ADGD0210/SSCB0109 Xestión e dinamización de empresas”, o alumnado/traballador tamén recibirá formación complementaria en Prevención de Riscos Laborais, Alfabetización Informática, Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Ambiental, Orientación Laboral e Creación de Empresas.

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org