Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-O territorio-Concellos-Fornelos de Montes
Imprimir Enviar a un amigo/a

Fornelos de Montes

Escudo Situación

O concello localízase no nordeste da Mancomunidade de Vigo ao pé da Serra do Suído, polo que é o máis interior e montañoso de toda a área, acadándose máis de 1.000 metros de altura nalgúns cumes. Da Serra do Suído baixan os arroios que alimentan o río Oitavén, canle que orixina os vales fluviais máis destacados do concello, nos que se asenta a poboación.

Os usos do solo que predominan nestas terras setentrionais relaciónanse co aproveitamento forestal. O matorral, as coníferas e eucaliptais destacan sobre o resto dos usos debido á topografía accidentada e á altitude que acada o relevo da zona. Por esta razón é pola que o monte representa o maior recurso natural do concello.

Fornelos de Montes pode considerarse unha das áreas máis deprimidas da Mancomunidade de Vigo, tanto polo despoboamento como polas escasas actividades económicas que se desenvolven, que fan que a maioría dos seus habitantes teñen que traballar nos concellos dos arredores. As empresas radicadas no territorio do concello son escasas e o volume de facturación destas é o menor de todos os concellos limítrofes.

As maiores riquezas deste concello son as naturais, pois posúe recursos paisaxísticos de gran valor ecolóxico e con gran potencial turístico como por exemplo a serra do Suído, o encoro de Eiras, a fraga do Couñago ou o curso do río Oitavén.
 
 
Concello

Enderezo: Igrexa, 10–36847- Fornelos de Montes
T. 986768409
F. 986768411
Alcalde: Emiliano Lage Rodríguez
Partido: PSdeG-PSOE

Datos Xeográficos

Superficie: 83,1 Km2
Altura máxima: 1.059 m
Ríos: Barragán, Oitavén, Couñago
Parroquias: Calvos, Estacas, Fornelos de Montes, Laxe, Oitavén, Traspielas, Ventín.

Lugares de interese

Cidadela do Monte da Cidade
Sarcófago en Vilán (Fornelos)
Serra do Suído
Carballeira de Couso
Fraga de Couñago
Encoro de Eiras

Mais información en:
www.fornelos.com
www.terrasatlanticas.es

Festas

Festival Folk
Chanfaina
San Lorenzo
Santo Cristo

Galería: do Concello de Fornelos de Montes

    Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
    Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org