Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-O territorio-Concellos-Salceda de Caselas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Salceda de Caselas

Escudo Situación

Concello interior da Mancomunidade de Vigo, regado por ríos que verten na cunca do Miño, con relevo máis accidentado cara ao norte do territorio. Sobre este espazo máis elevado predominan os usos do solo asociados ao monte e baseados nos aproveitamentos mixtos de coníferas e eucalipto.
 
Sitúase no suleste da Mancomunidade pero tamén mantén estreitas relacións cos concellos que integran as comarcas próximas do Condado e o Baixo Miño. A mellora das comunicacións redundou positivamente na integración deste concello na área de Vigo.
 
Dende o punto de vista económico Salceda de Caselas mantén fortes vencellos co concello veciño de O Porriño, no que atinxe á explotación das canteiras de granito dos montes limítrofes. Esta actividade é tan importante que dentro das actividades empresariais de maior facturación figuran a extracción de granito, a pedra traballada e as empresas contratistas xerais.

 
 
Concello

Dirección: Praza do Concello S/N – 36470
T. 986349003
F. 986347401
Alcalde: Verónica Tourón
Partido: PSdeG-PSOE

Datos Xeográficos

Superficie: 35,9 Km2
Altura máxima: 429 m
Ríos: Caselas
Parroquias: Budiño, Entenza, Parderrubias, Picoña, Salceda (Santa María), Soutelo, San Xurxo

Lugares de interese
Parque Etnográfico do río Caselas
 
Mais información en:
www.salcedadecaselas.es
Festas
Festa dos callos
Galería: do Concello de Salceda de Caselas

    Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
    Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org