Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-O territorio-Concellos-Vigo
Imprimir Enviar a un amigo/a

Vigo

Escudo Situación

Situado na beira sur da ría á cal lle dá nome, Vigo constitúe a gran aglomeración urbana do sur de Galicia e o maior foco de concentración económica da Mancomunidade, en torno a cal xiran o resto dos concellos que forman este organismo supramunicipal, considerados como cintos periurbanos de toda unha área metropolitana de case medio millón de habitantes con centro nesta cidade.
 
Ademais de constituír o concello onde converxen os fluxos económicos da metade meridional galega, representa un eixe forte nas relacións co norte de Portugal. As comunicacións coa meseta a través da autovía Rías Baixas e co norte de Galicia e Portugal a través da autoestrada do Atlántico e autovía á fronteira de Tui, converten esta cidade en nó de comunicacións do Eixe Atlántico. 
                                        
Con respecto ao tecido industrial da cidade hai que sinalar que esta conta cunha gran tradición empresarial receptiva aos cambios que as novas condicións económicas impoñen. Ten o privilexio de contar cunha das grandes factorías automóbilisticas de España e, como consecuencia, cun forte entramado de industrias auxiliares ao seu carón.
 
Así mesmo, Vigo é un centro pesqueiro dinámico que concentrou un gran número de empresas relacionadas co mar en torno ao seu porto e que fan que esta cidade se coñeza no exterior pola tradición marítima.
 
A cidade serve de punta de lanza para o turismo de calidade que chega por mar en transatlánticos e que se despraza polas rías baixas unha vez que desembarca en Vigo. Ademais, o concello conta cun contorno paisaxístico rural e marítimo excelente para ser visitado; a cidade e os seus arredores posúen unha oferta hostaleira ampla que favorece o desenvolvemento do sector turístico.
 
Concello
Enderezo: Praza do Rei, 1 - 36202
T. 986810100
F. 986810217
Alcalde: Abel Caballero Álvarez
Partido: PSOE
Datos Xeográficos
Superficie: 109,1 Km2
Altura máxima: 508 m
Ríos: Lagares, Eifonso, Barxa
Parroquias: A Florida, Alcabre, Beade, Bembrive, Bouzas, Cabral, Candeán, Castrelos, Coia, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navía, Oia, Saiáns, San Paio, Sárdoma, Teis, Valadares, Zamáns.
Lugares de interese
As Illas Cies
Sendeiro panorámico de Vigo
Museo Quiñones de León
Monte do O castro
Marco. Museo de Arte Contemporánea
Praias
 
Mais información en:

Festas
Festa da Reconquista
“Imaxina Sons”. Festival Internacional de Jazz de Vigo
Semana Grande de Vigo e “Festas do Cristo da Victoria”
Galería: do Concello de Vigo

    Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
    Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org