Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-O territorio-Concellos-Mos
Imprimir Enviar a un amigo/a

Mos

Escudo Situación

Concello localizado na comarca de Vigo, limita con este concello polo extremo occidental e forma nalgunhas zonas case un continuo industrial da cidade de Vigo. Xeograficamente pertence á comarca da Louriña, caracterizada polo val do río Louro en torno ao que se asentou a poboación e se exercen a maioría das actividades.
 
A súa topografía caracterízase pola depresión que atravesa o concello de norte a sur e que favorece as comunicacións. Esta área baixa forma parte da depresión meridiana galega que cruza a comunidade de Carballo ata Tui e que é base das principias comunicacións terrestres pola parte occidental galega. Por todo isto é polo que o concello aparece partido por unha importante vía de comunicación, a autovía das Rías Baixas que, ao seu paso por Mos, deixa unha barreira penetrable só por algúns puntos para os veciños que pretenden atravesala a pé.
 
A actividade económica de Mos xira entorno ás empresas que están situadas no seu solo industrial e que aproveitan esta localización pola proximidade a Vigo e as boas comunicacións co norte de Galicia, Portugal e a meseta. As relacións comerciais e de servizos establécense co concello de O Porriño, co cal limita e que constitúe un nó comercial para todo o val da Louriña, e co de Vigo, que exerce un forte poder de atracción sobre os concellos da súa área, debido á oferta de servizos característicos dunha cidade sobre a que pivota todo o suroeste de Galicia.
 
 
Concello

Enderezo: Rexenxo, 1 – Petelos – 36416
T. 986331200
F. 986336618
Alcaldesa: Nidia María Arévalo Gómez
Partido: PP

Datos Xeográficos

Superficie: 53,2 Km2
Altura máxima: 744 m
Ríos: Louro
Parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga, Torroso

Lugares de interese
Pazo de Mos
Pazo de San Antonio
Castro de Torroso
Sendeiro do Monte Salgueirón
Sendeiro dos Dolmens
Sendeiro dos Muíños
 
Mais información en:
www.concellomos.es
Festas
Festa da Rosa
Festa da Prehistoria
Galería: do Concello de Mos

    Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
    Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org