Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-O territorio-Concellos-Pazos de Borbén
Imprimir Enviar a un amigo/a

Pazos de Borbén

Situación

Está situado no extremo norte da Mancomunidade de Vigo e se caracteriza por ser, xunto con Fornelos de Montes, o territorio máis accidentado da área da Mancomunidade de Vigo.
 
O concello, distante tan só a 23 km da cidade de Vigo, posúe características naturais que lle confiren un importante papel no que a oferta de ocio se refire, oferta que se ve reforzada polo seu patrimonio construído e o seu carácter rural.
 
Está bañado polo río Borbén que o atravesa de norte a sur configurando unha cunca fértil onde os habitantes practican unha agricultura de autoconsumo familiar, e polo río Barragán, fortemente encaixado e que forma límite natural con Fornelos de Montes.
 
As relacións cotiás do concello establécense sobre todo con Redondela, pola proximidade espacial e as vías de comunicación terrestre que conducen de Pazos de Borbén a aquel concello.

 
 
Concello

Enderezo: Pazos, 52 – 36841
T. 986497035
F. 986497146
Alcalde: Andrés Iglesias Rodríguez
Partido: PP 

Datos Xeográficos

Superficie: 50 Km2
Altura máxima: 670 m
Ríos: Borbén, Barragán
Parroquias: Amoedo, Borbén, Cepeda, Ermida, Moscoso, Nespereira, Pazos e Xunqueiras

Lugares de interese
Miradoiro do Galleiro
Fraga do Rei
Cruceiro de Moscoso
Muíño de Carrillón
 
Mais información en:
http://pazosdeborben.org/
Festas
Romaría do Santo Aparecido
Festa das chulas
Festa da Cacheira
Galería: do Concello de Pazos de Borbén

    Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
    Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org