Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-O territorio-Concellos-Gondomar
Imprimir Enviar a un amigo/a

Gondomar

Escudo Situación

Concello situado na comarca do Val Miñor, moi próximo a Vigo, cidade coa que ten fortes relacións, xa que moita poboación que traballa naquela cidade reside nos concellos dos arredores como Gondomar e se despraza diariamente, factor que inflúe decisivamente na importancia dos movementos pendulares entre o Val Miñor e Vigo.
 
Os usos do solo predominantes son os destinados a labores intensivas, localizadas fundamentalmente no val fértil regado polos ríos Miñor, Groba e Zamáns. Ademais destes aproveitamentos agrícolas o concello posúe ampla superficie industrial na parroquia de Vincios, na que se instalan empresas que aproveitan a proximidade a Vigo para acceder ás boas comunicacións da cidade. A autoestrada do Val Miñor constitúe un eixe importante de transporte para estas empresas localizadas en Gondomar.
 
O concello posúe destacados vestixios arqueolóxicos que o converten no gran xacemento paleolítico provincial grazas á estación de "Chan de Cereixo" en Donas, estación rupestre “Auga da Laxe” en Vincios, as mámoas como a de Chain, petroglifos podomorfos e naviculares como o de Pedra Moura e Castros como o de Xián.
As terras de Gondomar gozan de espléndidos señoríos e mostran gran cantidade de pazos e casas solariegas: o pazo do Conde de Gondomar, os pazos de Pampillón, Arines ou Villarés.
 
 
Concello

 

Enderezo: Praza Paradela, 1 - 36380
T. 986360125
F. 986360875
Alcalde: Francisco Ferreira
Partido: PSdeG-PSOE

 

Datos Xeográficos

 

Superficie: 74,5 Km2
Altura máxima: 701 m
Ríos: Miñor, Zamáns
Parroquias: Borreiros, Chaín, Couso, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza, Vincios.

 

Lugares de interese
Estación rupestre Auga da Laxe
Pazo de Gondomar
Monte Galiñeiro en Vincios
 
Mais información en:
Festas
Alfombras florais do Corpus
Curro de Morgadáns
Curro de San Cibrao de Donas
Galería: do Concello de Gondomar

    Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
    Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org