Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-Obradoiro de emprego Maiv Garantía Xuvenil 2020
Imprimir Enviar a un amigo/a

Obradoiro de emprego Maiv Garantía Xuvenil 2020

NOME DO OBRADOIRO DE EMPREGO:            O.E. MAIV GARANTÍA XUVENIL 2020

Expediente:                            36/00009/2020

Especialidade.                        “DESEÑO GRÁFICO E MÁRKETING DIXITAL”

Data de inicio:                        01/10/2020

Data de finalización:              30/09/2021

Entidade Promotora:              Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.

  

RESUMO DAS ACTIVIDADE FORMATIVAS E DOS SERVIZOS E OBRAS

Nesta edición do Obradoiro de Emprego “Maiv Garantía Xuvenil 2020” un total de 16 alumnos/as traballadores/as, incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención dos certificados de profesionalidade na especialidade de “ARGG0110/COMM0112 Deseño Gráfico e Márketing Dixital”.

O Obradoiro de Emprego está cofinanciado pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, mediante a iniciativa de Emprego Xuvenil, programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020, cunha subvención de 369.492,32€.

Este proxecto ten unha duración de 12 meses, desde outubro de 2020 ata setembro de 2021, e desenvólvese nas instalación da Maiv, sita na Avda. da Hispanidade nº 17. Conta para o seu desenvolvemento cun equipo directivo formado por unha directora, un experto/docente en deseño gráfico, un experto docente en márketing dixital e unha administrativa.

Como obxectivo temático enmarcado dentro do programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020 sinálase en particular OT 8: “Conseguir formación e un emprego de calidade”. Para isto o O.E. “Maiv Garantía Xuvenil 2020” ten como un dos obxectivos específicos que o alumnado acade as competencias profesionais no desenvolvemento de proxectos gráficos de diversa índole e competencias para definir, organizar, difundir e supervisar accións promocionais e eventos de plans de márketing e comunicación.

O alumnado-traballador ten un contrato de formación-aprendizaxe, a través do cal a formación altérnase coa adquisición de experiencia laboral e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos, desenvolvendo un servizo de interese xeral e social, neste caso o deseño de novos servicios adicionais para os contornos web da mancomunidade así como a realización de estudos de mercado dentro do entorno da Maiv, con especial atención ao mercado dixital.

Ademaís da formación correspondente aos certificados de profesionalidade “ARGG0110 DESEÑO DE PRODUCTOS GRÁFICOS” e “COMM0112 XESTIÓN DE MÁRKETING E COMUNICACIÓN”, o alumnado/traballador tamén recibirá formación complementaria en Prevención de Riscos Laborais, Alfabetización Informática, Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Ambiental, Orientación Laboral e Creación de Empresas


Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org