Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-Sendeiro das Greas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Sendeiro das Greas

Os camiños antigos que ó longo de séculos de historia servirón para os desprazamentos de persoas, carros e bestas, as vellas calzadas enlousadas e as vías pecuarias constitúen un patrimonio histórico que está piques de desaparecer. Ás veces só conservamos del un flebe latexo que semalla esmorecer de vagariño, cada vez mais preto da súa destrución definitiva. O sendeirismo permítelle ó camiñante o gozo da natureza xunto co da arte e a cultura.

O "Sendeirismo das Greas" GR-58, que discorre polas terras variadas da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo nun percorrido de mais de douscentos kilómetros, é un longo camiño que nos aconsella non esquecer esas raíces, esa riqueza natural, paisaxística, arquitectónica e cultural que se agocha en cada recuncho dos seus vales agrarios, dos espazos forestais, dos picoutos, das brañas, das costas rochosas e tamén das xunqueiras litorais; unha mestura xeográfica única que pode enxergarse desde as impresonantes atalaias das serras da Groba, o Galiñeiro e o Suído, ámbitos montesinos que configuran o reino do cabalo bravo.
 
Este camiño, recuperado como símbolo da obriga que todos temos de nos reconciliar co noso contorno, conxuga unha fonda dimensión cultural con elementos naturais de beleza singular. A devandita síntese apréciase de xeito máis patente en certos enclaves especiais do percorrido: o foxo do Couto do Corgo supón a inserción dunha construcción ancestral única destinada á captura do lobo nunha paisaxe de serra; unha necrópole megalítica abraiante érguese entre piñeiros no Monte Penide; os penedos graníticos son fogar axeitado para o castelo de Cans, un antigo baluarte medieval; un depósito paleolítico exhibe restos dun pasado a penas presentido na amplia braña do Chan do Cereixo. Xunto a eles, bosques de ribeira nunbha paisaxe húmida e ás veces asolagada, canóns impresonantes como o do río Oitavén, cantís e xunqueiras nas que prospera unha insospeitada e variada fauna que non podería atopar mellor refuxio.
 
O "Sendeiro das Greas" GR-58 conta con marcas e sinalizacións que facilitan o percorrido dos traxectos e os enclaves especiais posúen equipamento para a interpretación ambiental ademáis de servir como puntos de descanso. Este sendeiro é froito da política da Maiv de revalorizar o territorio e de promover o turismo respectuoso co medio ambiente. Foi deseñado e executouse coa colaboración de cada un dos concellos que conforman a Mancomunidade de Vigo e como xa apreciamos o percorrido posúe unha gran riqueza natural, paisaxística e patrimonial. Está homologado pola Federación Galega de Montañismo e é o mais longo dos de Gran Percorrido con 247 km en total.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org