O Obradoiro de Emprego "Maiv Garantía Xuvenil 2017" é un proxecto de formación e emprego promovido pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Fondo Social Europeo, dirixido a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
O proxecto ten como obxectivo formar a 15 alumnos/as traballadores/as en dúas especialidades que terán asociados os correspondentes certificados de profesionalidade de cara a mellorar a súa empregabilidade e favorecer a súa incorporación ao mercado de traballo.
A duración do proxecto é de seis meses e o seu desenvolvemento terá lugar desde o 29 de setembro e 2017 ao 28 de marzo de 2018.
As especialidades formativas son:
Dinamización de canais e contidos web da Maiv a través de internet: nesta especialidade formaranse 8 alumnos/as traballadores/as no certificado de profesionalidade de Comunicación e Marketíng e simultaneamente realizarán actividades de obra relacionadas coa dinamización na rede das páxinas web da Mancomunidade.
Administración e xestión documental: esta especialidade conta con 7 alumnos/as traballadores/as que se formarán dentro do certificado de profesionalidade de Operacións de Gravación de datos e Documentos e que tamén realizarán traballos relacionados coa dixitalización de documentación, posterior mecanizado e tratamento dos mesmos para realización de bases de datos de busca da mesma por medios dixitais e ao marxe tamén se realizarán tratamentos e destrucción de arquivos.
Ademais da formación específica dos certificados de profesionalidade que correspondan, os/as alumnos/as traballadores/as reciben formación nos seguintes módulos complementarios: Prevención de Riscos Laborais, Alfabetización Informática, Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Medioambiental e Orientación Laboral e Creación de Empresas.