Se estás en desemprego, no Servizo de Orientación da Mancomunidade, asesorámoste e axudámosche a:
Definir o teu obxectivo profesional
Asesoramos na elaboración do teu obxectivo profesional, tendo en conta o mercado laboral, o teu perfil e as
túas preferencias.
Informamos sobre os requisitos que se requiren para os diferentes postos de traballo ofertados no mercado
laboral e orientamos sobre os postos máis adecuados ao teu perfil, realizando detección de necesidades e
deseño de itinerarios formativos se fose preciso.
Informamos sobre a oferta formativa existente e onde podes realizala.
Mellora de técnicas e ferramentas para a busca de emprego
Asesoramos na elaboración do currículo, cartas de presentación e practicamos contigo técnicas para a
superación de entrevistas de traballo.
Informamos sobre as técnicas e recursos existentes e axudámosche a organizar a túa busca de emprego.
Información sobre o recoñecemento das competencias profesionais
Informamos e orientamos sobre o procedemento do recoñecemento das competencias profesionais
adquiridas por experiencia laboral:
Natureza e fases do procedemento
Requisitos e acceso
Dereitos e obrigas
Acreditacións oficiais que se poden obter, e efectos das mesmas
Se queres ser atendido/a pola nosa orientadora, pide cita chamando ao teléfono 986 423 366, de luns a venres
de 8,00 h a 15,00 horas, ou enviando un e-mail a orientacion@maiv.org