Recursos na categoría Organismos públicos:
Consellería de Emprego e Igualdade (Xunta de Galicia) Páxina web da consellería de Traballo e Benestar onde se detallan as axudas oficiais a creación de empresas, a contratación de persoas traballadoras e programas de fomento do emprego.
Páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) onde se ofrece información sobre as subvencións e créditos subvencionados que ofrece o organismo. Tamén ofrece información sobre diagnósticos de mellora competitiva, bases de datos de información económica de Galicia e unha guía de recursos para investir en Galicia
Páxina web da Dirección Xeral da pequena e mediana empresa (DXPYME), onde se ofrece información sobre trámites para crear a túa empresa, fontes de financiamento da empresa, información sobre contratación de traballadores e unha serie de ferramentas interactivas para elaborar o plan de empresa.
Páxina web do servizo de asesoramento a emprendedores (SAE) do Concello de Vigo onde poderás atopar información sobre as actuacións que leva a cabo o servizo, teléfonos para poñerse en contacto con eles e informacións sobre as axudas e subvencións do concello de Vigo.
Páxina web da seguridade Social onde poderás atopar información sobre os trámites para dar de alta a túa empresa e contratar traballadores.
Páxina web da axencia estatal de administración tributaria (AEAT) onde atoparás información sobre como dar de alta a túa empresa e os diferentes impostos que terás que pagar. Tamén hai a posibilidade de descargar os impresos de pago de impostos.
Páxina web da rede CIRCE da Dirección Xeral da pequena e mediana empresa onde se ofrece información e axuda para a constitución dunha Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE). Tamén ofrece unha serie de ferramentas ó emprendedor: simulador empresarial, autodiagnóstico da idea e plan de empresa.
Páxina web do Instituto Oficial de Crédito (ICO) que ofrece información sobre as liñas de crédito oficial de apoio a creación de empresas.
|
|